Medos Romero
Remedios Fernández Romero, coñecida literariamente como Medos Romero, nada en Somede (As Pontes de García Rodríguez) o 21 de outubro de 1959, é unha escritora galega.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1959 ![]() Somede, España ![]() |
Formación profesional | Enfermaría |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarDiplomada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como enfermeira nas Pontes de García Rodríguez e na Residencia “Arquitecto Marcide” de Ferrol[1]. Reside en Lourido (Valdoviño). Ten colaborado en diversas revistas, como A Xanela e Festa da Palabra Silenciada.[2][3]
Comezou a escribir tardiamente, con 37 anos cumpridos, despois de experiencias moi gozosas no mundo da aldea.[4] Foi unha das poetas que se circunscribiu á chamada Xeración dos 90 aínda que o fixo por data de produción, xa que a súa obra comezou a publicarse nos anos clave do boom da poesía escrita por mulleres.[5]
Obra
editarPoesía
editar- Rendéome no tempo (1998). edición da autora, Pontedeume.
- Ámome en por min (1999). Espiral Maior.
- O peso da derrota (2000). Espiral Maior.
- Lenzo das madrugadas (2003). Follas Novas.
- O pozo da ferida (2006). Deputación da Coruña.
- A seitura dos tristes (2006). Follas Novas.
- Do corpo e a súa ausencia (2010). Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- A ansia do lóstrego (2012). Follas Novas.
- Hortensia (2020). Medulia. 42 páxs.[6][7]
- O sol era Ela (2021). Arte de trobar. Editorial. Xunta de Galicia & Centro Pen& Afudación. ISBN 978-84-09-35480-1.[8]
- As flores do baleiro (2024). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-1176-339-4.
Narrativa
editar- Dubido se matei a Lena (2000). Ed. Xerais. 72 páxs. ISBN 9788483025864.
- O trevo da sorte (2003). Baía Edicións. 116 páxs. ISBN 978-84-96128-45-3.[9]
Obras colectivas
editar- Narradoras (2000). Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra( 2003). Espiral Maior.
- Dez anos de poesía nas Pontes (2013). Galebook.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico).
Premios
editar- Premio de poesía Miguel González Garcés no 2006, por O pozo da ferida.
- XIX Premio de poesía Afundación no 2021, por O Sol era ela.[10]
- Premio da Crítica de poesía galega no 2022, por O Sol era Ela.[11]
Notas
editar- ↑ "Autores - Romero, Medos". baiaedicions.gal. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ "Medos Romero". www.aelg.gal. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es.
- ↑ asescollaselectivas (2013-03-16). "Medos Romero". As Escollas Electivas. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ Conde, Lorena. "A palla que fai palleiro. Medos Romero.". A Sega. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ Xmeyre, ~ (2021-01-22). "a propósito de HORTENSIA, de Medos Romero, en Medulia". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ Nicolás, Ramón (2020-12-05). "Hortensia, de Medos Romero". Caderno da crítica. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ Xmeyre, ~ (2022-03-02). "a propósito de E O SOL ERA ELA, de Medos Romero, en Afundación&Centro Pen&Xunta". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2022. Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "Medos Romero regresa a la narrativa con «O trevo da sorte»". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-04. Consultado o 2021-02-23.
- ↑ "Medos Romero gaña o XIX Premio de Poesía Afundación, co que colabora a Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-11-23.
- ↑ "O Premio Nacional de la Crítica recoñece a obra de Diego Ameixeiras e de Medos Romero". La Voz de Galicia. 2022-04-10. Consultado o 2022-04-10.