Somede, As Pontes de García Rodríguez
parroquia civil do concello das Pontes de García Rodríguez
San Mamede de Somede é unha parroquia que se localiza no norte do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 22 habitantes (12 homes e 10 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 31 habitantes.
Somede | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Somede. | |
Concello | As Pontes de García Rodríguez[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°29′50″N 7°47′56″O / 43.4971, -7.7989Coordenadas: 43°29′50″N 7°47′56″O / 43.4971, -7.7989 |
Poboación | 22 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA parroquia foi creada en 1896 con lugares do Freixo e das Pontes.[2] Desde 1900, inclusive, apareceu nos nomenclátores como As Pontes de García Rodríguez (San Mamede).[3] No ano 2000 pasou a se denominar oficialmente Somede no canto de San Mamede.[4]
Lugares e parroquias
editarLugares de Somede
editarParroquias das Pontes de García Rodríguez
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Brisset Martín, Xavier (2006). "¿Onde están os nosos documentos?" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 289. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2020.
- ↑ Álvarez Monterroso, M.ª del Carmen (2015). A parroquia galega a partir da “Carta Geométrica de Galicia” (PDF) (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. p. 171.
- ↑ "DECRETO 72/2000, do 16 de marzo, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos da Baña, Boimorto, Boiro, Curtis, Irixoa, A Laracha, Mesía, Moeche, Negreira, Oza dos Ríos e As Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña)". Diario Oficial de Galicia (Xunta de Galicia) (71): 5007. Martes, 11 de abril de 2000.