O Freixo, As Pontes de García Rodríguez
parroquia civil do concello das Pontes de García Rodríguez
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Freixo.
San Xoán do Freixo é unha parroquia que se localiza no norte do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (33 homes e 29 mulleres) distribuídos en 53 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2017 cando tiña 76 habitantes.
O Freixo | |
---|---|
Vista parcial do cemiterio do Freixo. | |
Concello | As Pontes de García Rodríguez[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°31′19″N 7°47′39″O / 43.5219, -7.7942 |
Poboación | 62 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 53[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarCoa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíuse a parroquia de Somede con lugares do Freixo e das Pontes.[2] Eclesiasticamente, parte do seu territorio tamén pasou a conformar a nova parroquia de Ambosores, xunto con lugares de San Pantaleón de Cabanas (Ourol), As Grañas do Sor (Mañón) e Muras (Muras).[3]
Lugares e parroquias
editarLugares do Freixo
editarParroquias das Pontes de García Rodríguez
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Brisset Martín, Xavier (2006). "¿Onde están os nosos documentos?" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 289. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ "Ambosores, Santa María". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2020.