San Pantaleón de Cabanas, Ourol
San Pantaleón de Cabanas é unha parroquia do concello de Ourol na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística[2] en 2016 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres), 25 menos ca en 2007 (33 homes e 43 mulleres) e 28 menos que en 2006.
San Pantaleón de Cabanas | |
---|---|
Porta principal da igrexa parroquial. | |
Concello | Ourol[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°36′06″N 7°42′54″O / 43.601666666667, -7.715Coordenadas: 43°36′06″N 7°42′54″O / 43.601666666667, -7.715 |
Poboación | 51 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 1895 constituíuse a nova parroquia de Ambosores con lugares de San Pantaleón de Cabanas.[3] Outros lugares da parroquia tamén pasaron a formar parte, xunto con lugares de Ourol, da igualmente creada O Sisto.[4]
Lugares e parroquias
editarLugares de San Pantaleón de Cabanas
editarLugares da parroquia de San Pantaleón de Cabanas no concello de Ourol (Lugo) | |
---|---|
O Apartado | Arrexoá | Burgás | Cabana | A Cabana Vella | O Camiño | Campo do Cabo | Os Campos | O Cargadoiro | A Castiñeira | O Cotillón | O Couce Gordo | O Couso | Os Díaz | As Esqueiras | O Fondovilar | A Igrexa | Izá | Os Luíses | A Maciñeira | O Merán | A Panda | O Pereiro | A Picheira | O Pombeiro | O Portal | O Teixeiro | A Torre | Vila Vella |
Parroquias de Ourol
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "IGE. Nomenclátor de Galicia. Ourol". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2017.
- ↑ "Ambosores, Santa María". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Sisto, O, Santa María". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 13 de decembro de 2020.