Ambosores, Ourol

parroquia civil do concello de Ourol

Santa María de Ambosores é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Ourol. Segundo o IGE[2] en 2014 tiña 15 habitantes (7 mulleres e 8 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación[3]

Ambosores
Igrexa de Santa María de Ambosores.
ConcelloOurol[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°33′25″N 7°43′29″O / 43.557, -7.7248
Poboación14 hab. (2020)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A orixe desta parroquia remóntase a 1895 cando 24 entidades da parroquia de San Pantaleón de Cabanas segregáronse desta para formaren a parroquia eclesiástica de Ambosores que ten lugares en catro concellos (Ourol, Muras, Mañón e As Pontes de García Rodríguez) de dúas provincias (Lugo e A Coruña). Os 14 lugares que están no concello de Ourol son os que forman esta parroquia civil.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ambosores

editar
Lugares da parroquia de Ambosores no concello de Ourol (Lugo)

Ambosores | Baroso | A Beira da Fraga | O Cabezón | A Carcallosa | A Cereixiña | Entrambosores | A Ferraxosa | A Fraga Chá | A Igrexa | O Outeiro | A Ribeira da Señora | Santar | Toxoso

Parroquias de Ourol

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ourol

Ambosores (Santa María) | Bravos (Santiago) | Merille (Santa Eulalia) | Miñotos (San Pedro) | Ourol (Santa María) | San Pantaleón de Cabanas (San Pantaleón) | O Sisto (Santa María) | Xerdiz (Santa María)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar