Dores Tembrás

escritora e editora galega

Dores Tembrás Campos, nada en Bergondiño (Bergondo) o 13 de febreiro de 1979, é unha escritora galega.

Infotaula de personaDores Tembrás

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Bergondiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , editora , filóloga Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1682169 AELG: 398 Dialnet: 1790704

Traxectoria

editar

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña en 2001. Doutorouse en 2008 coa tese Arquitectura de un desencuentro, sobre Alejandra Pizarnik, logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires. Dende entón non deixou a investigación sobre a literatura hispanoamericana, centrándose na figura desta poeta, impartindo seminarios e participando en numerosos congresos e revistas especializadas. En 2009 publica o seu primeiro poemario, O pouso do fume. Colaborou en revistas como Serta, Revista das Letras coa serie Esquiagrafías, Dorna co micropoemario OPIVM e Caravansari co micropoemario Silabario. En 2013 obtivo o Premio de poesía Concello de Carral coa obra Cronoloxía da urxencia.[1]

Forma parte do equipo da Editorial Apiario xunto con Antía Otero.[2]

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[3]

Poesía

editar
  • O pouso do fume, 2009, Espiral Maior.
  • Alentos ao vacío, 2010, libro de artista en diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez.
  • Cronoloxía da urxencia, 2014, Espiral Maior.
  • Auga a través, 2016, Apiario.
  • Enxertos, 2023, Apiario.

Literatura infanto-xuvenil

editar

Obras colectivas

editar
  • Elas/El (9), 2010, CCOO.
  • Pel con pel, 2010, Galaxia.
  • Elas/El (10), 2011, CCOO.
  • Mulheres entre poesía e luita, 2011, Assembleia de Mulheres do Condado.
  • Poetízate, 2011, Xerais.
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, 2012, Endymion.
  • Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
  • Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas, 2014, Apiario.
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios

editar
  • Premio de poesía Concello de Carral no 2013, por Cronoloxía da urxencia.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2014, por Cronoloxía da urxencia.
  1. asociacionescritoras-es. "Dores Tembrás gaña o XVI Premio de Poesía Concello de Carral". Consultado o 2020-02-07. 
  2. "Quen somos - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-04-08. 
  3. "Rosalía en Camiño 2022". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2022-07-03. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar