Apiario Editora
A Apiario Editora é unha editorial galega fundada en 2014 e radicada na Coruña. Está dirixida por Antía Otero e Dores Tembrás.[1]
Apiario Editora | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | editorial ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Fundador/a | Dores Tembrás e Antía Otero ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2014 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Enderezo | Rúa Eduardo Pondal 4, entrechán esquerda. 15004 ![]() | ||
Sede | A Coruña ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | apiario.eu ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarO seu catálogo contén literatura actual. Publica exclusivamente libros en galego, ademais dunha colección de obxectos. O fondo editorial en 2018 era de 11 títulos. A editorial tamén imparte cursos (presenciais na súa sede ou ben en liña) para centros de ensino e institucións públicas e privadas.
O primeiro libro publicado por Apiario foi Celebración, de Gonzalo Hermo, que saíu do prelo en 2014. A obra foi traducida ao catalán, e recibiu o Premio da Crítica de poesía galega no 2014 e o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no 2015.
O nome da editorial, Apiario, está tomado do ámbito da apicultura, como forma de representación da creación en comunidade, o traballo artesán e a comunicación para a creación do libro. Deste modo, as distintas coleccións tamén teñen nomes relacionado co mesmo ámbito.
Obras
editarA editorial traballa con diferentes xéneros: ensaio e divulgación, poesía e literatura infantil.
As coleccións son:
- "Niño de abella", para álbums ilustrados, destinada a público infantil e xuvenil.
- "Cera labrada", poesía.
- "Pan de abella", plaquettes.
- "Abella mestra", ensaio e divulgación.
As obras publicadas foron:
- Desescribindo Marilar Aleixandre, 2016)
- Celebración (Gonzalo Hermo, 2014)
- No seu despregar (VVAA, 2016)
- Lumes (Ismael Ramos, 2017)
- O deserto (María do Cebreiro, 201)
- Poesía hexágono (VV.AA., 2015)
- O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler (Daniel Salgado, 2017)
- Auga a través (Dores Tembrás, 2016)
- Porque Cuqui non quere ir á lavanderia (María Lado, 2014)
- Caer de cu polo universo (Estíbaliz Espinosa, 2015)
- O branco non pinta! (Antía Otero e María Díaz, 2017)