Abrir o menú principal
Apiario tradicional bávaro.
Apiario de cortizos no Monte Pindo.

Un apiario (tamén chamado de alvariza), é o conxunto agrupado de colmeas de abellas[1].

En Galicia o apiario tradicional, chamado albariza ou abellariza consiste en colmeas dentro dun alto muro circular, por veces tamén cuadrangular, para protexelas dos animais que se alimentan do mel como os osos e dos ventos fríos, ademais recibe a luz desde o alborexar ó estar orientados ó nacente. Estes apiarios tradicionais, antigamente presentes en todo o territorio galego, na actualidade vense en zonas montañosas como os Ancares, o Courel ou a Serra do Suído.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apiario.

Véxase taménEditar