Abrir o menú principal

A Apiario Editora é unha editorial galega fundada en 2014 e radicada na Coruña. Está dirixida por Antía Otero e Dores Tembrás.[1]

Editorial Apiario
TipoEditorial
Fundación18 de novembro do 2014
LocalizaciónEduardo Pondal 4, entrechán esquerda.
15004 A Coruña Galicia Galicia
FundadorAntía Otero e Dores Tembrás
IndustriaCultural
Páxina webapiario.eu
editar datos en Wikidata ]

Historia e característicasEditar

O seu catálogo contén literatura actual. Publica exclusivamente libros en galego, ademais dunha colección de obxectos. O fondo editorial en 2018 era de 11 títulos. A editorial tamén imparte cursos (presenciais na súa sede ou ben en liña) para centros de ensino e institucións públicas e privadas.

O primeiro libro publicado por Apiario foi Celebración, de Gonzalo Hermo, que saíu do prelo en 2014. A obra foi traducida ao catalán, e recibiu o Premio da Crítica de poesía galega no 2014 e o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no 2015.

O nome da editorial, Apiario, está tomado do ámbito da apicultura, como forma de representación da creación en comunidade, o traballo artesán e a comunicación para a creación do libro. Deste modo, as distintas coleccións tamén teñen nomes relacionado co mesmo ámbito.

ObrasEditar

A editorial traballa con diferentes xéneros: ensaio e divulgación, poesía e literatura infantil.

As coleccións son:

As obras publicadas foron:

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar