Aira Editorial
editorial galega
Aira Editorial é unha editorial galega, vinculada á libraría Aira das Letras, que opera dende Allariz dende a súa aparición na segunda metade do ano 2017[1].
Aira Editorial | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 2017 |
Sede | Allariz |
País | Galicia |
Na rede | |
https://airaeditorial.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarEntre a súa produción, hai libros de diversos xéneros: poesía, narrativa, ensaio e cómic.
As súas publicacións están destinadas tanto para o público adulto como para o infantil e xuvenil.
No seu catálogo figuran obras de autores galegos como Eva Moreda ou Manuel Veiga Taboada e foráneos como Kenji Miyazawa ou Mary Shelley[2].
O principal responsable da editorial é César Lorenzo Gil, con Miguel Robledo na dirección de arte e Miguel Mosquera na técnica.[3].
Notas
editar- ↑ Aira editorial comeza a súa andaina, Culturagalega.gal, 29 de novembro de 2017.
- ↑ Catálogo da editorial.
- ↑ Ficha da editorial, Bencomun.gal