Ciro Briones
escritor galego
Ciro Fernández Briones, tamén coñecido como Ciro Briones, nado na Pobra do Caramiñal[1] o 11 de xuño 1996, é un ensaísta e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1996 (28 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Pseudónimo literario | Ciro Briones |
Traxectoria
editarEstudou na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Universidade de Vigo, campus de Pontevedra.
Gañador en 2023 do Premio de Poesía Concello de Carral, o xurado destacou no libro:[3]
a coherencia, o ritmo, o coidado da linguaxe e a súa harmonía verbal. É un poemario que desde certas coordenadas da filosofía explora liricamente espazos da desolación e afonda na reflexión metafísica. O eu poético trasládanos a un espazo de escuridade que moito ten que ver cos cadros do pintor polaco Beksinski, e ofrece un discurso poético que alumea e libera entre tanta desolación
Obra
editarEnsaio
editar- Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica (2022). Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, col. Miscelánea. 198 páxs. ISBN 9788481589429. Un camiño que entrelaza filosofía e pensamento en dirección a unha educación crítica.[4]
Poesía
editar- Oídos de espeleóloga (2024). Espiral Maior, col. Poesía. 45 páxs. ISBN 9788412734355.
Premios
editar- 2020: Premio de ensaio da Universidade de Vigo por Proxeccións cartográficas do ser.[5]
- 2020: Premio de poesía da Universidade de Vigo por Prohibido apañar flores.[6]
- 2020: Primeiro premio de poesía Xuventude Crea.[7]
- 2022: Primeiro premio de poesía Xuventude Crea.
- 2022: Segundo premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome.[8]
- 2023: 26º Premio de Poesía Concello de Carral por Oídos de espeleóloga.
- 2024: Terceiro premio do XX Certame de poesía Anduriña voandeira por O corpo remoto.
Notas
editar- ↑ "Ciro Briones, de A Pobra, gana el Premio de Poesía Concello de Carral con "Oídos de espeleóloga"". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2023-05-19.
- ↑ "Ciro Briones: “As nenas e os nenos son filósofas de seu e é algo que acabei por descubrir”". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2023-05-19.
- ↑ Nós Diario, Redacción (19 de maio de 2023). "Ciro Briones faise co 26º Premio de Poesía Concello de Carral". Nós Diario: 29.
- ↑ "Un camiño que entrelaza filosofía e pensamento en dirección a unha educación crítica Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-05-19.
- ↑ "As 'Proxeccións cartográficas do ser', de Ciro Fernández, fanse co Premio de Ensaio da Universidade Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-05-19.
- ↑ "Alumnado, PAS e PDI repártanse os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2020 de ANL Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-05-19.
- ↑ "Ciro Briones gana el premio de Poesía de Carral con "Oídos de espeleóloga"". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2023-05-19.
- ↑ asociacionescritoras-es (2023-05-19). "Ciro Briones gaña o 26º Premio de Poesía Concello de Carral co seu poemario Oídos de espeléologa Axenda cultural AELG::". Consultado o 2023-05-19.