Xabier Cid

escritor e tradutor galego

Xabier Cid Fernández, nado en Ourense o 7 de setembro de 1975, é un escritor e tradutor galego.

Xabier Cid
No xardin.png
Xabier Cid en 2008
Nome completoXabier Cid Fernández
Nacemento7 de setembro de 1975
Lugar de nacementoOurense
ResidenciaStirling
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Stirling
Ocupaciónescritor, tradutor, catedrático e wikimedista
XénerosNarrativa e poesía
EstudosFiloloxía e xestión deportiva
OrganizaciónUniversidade de Stirling
Na rede
http://xabiercid.eu/
Twitter: xabitubbi Dialnet: 1908864 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en filoloxía e mestrado en xestión deportiva, foi consultor da Navalla Suíza. Este xestor de proxectos dixitais traballou de administrativo, de árbitro, de xornalista, de profesor de galego, de guía turístico, de empresario, de tradutor e, de repartidor de comida. Viviu en Stirling e Glasgow (Escocia) durante catorce anos, despois en Pontevedra foi profesor no colexio Doroteas antes de marchar a Madrid.[1]

Colaborou un ano na Radio Galega e foi candidato pola circunscrición electoral da Coruña, na lista de Converxencia 21, nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.[2] É editor habitual na Galipedia desde 2006. Colaborou en Praza.gal.[3]

En 2022 publicou 10.000 millas de andar na bici. Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional, experiencias que conta nesta narración.[4]

ObrasEditar

TraduciónsEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-24. 
  2. Resolución do 29 de agosto de 2016 DOG.
  3. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2022-04-24. 
  4. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-24. 
  5. Xmeyre, ~ (2020-02-07). "crítica de AS BICIS, de Xabier Cid, en Espiral Maior.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2022-04-24. 
  6. "Xabier Cid gaña o XXI Certame de Poesía do Concello de Carral". Sermos Galiza. 6 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 07 de maio de 2018. 
  7. "XABIER CID GAÑA O XXI CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL” Concello de Carral". www.carral.es. Consultado o 2022-04-24. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar