Terá as túas balas
obra literaria de Xabier Cid
Terá as túas balas é unha novela curta en lingua galega publicada no ano 2000 pola editorial Sotelo Blanco e escrita por Xabier Cid. Foi finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey dese ano. Está dividida en cinco capítulos.
Terá as túas balas | |
---|---|
Título orixinal | Terá as túas balas |
Autor/a | Xabier Cid |
Cuberta | Fausto C. Isorna |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela (curta) |
Editorial | Sotelo Blanco |
Data de pub. | 2000 |
Formato | 12 x 22 |
Páxinas | 118 |
ISBN | 978-84-7824-371-6 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarUn asasino profesional leva un centenar de vítimas nos últimos vinte anos. O seu nome é Damián. A acción discorre en M., un topos imaxinario. Damián, que rolda os corenta anos, recibe a encarga de liquidar un sindicalista dunha empresa de plásticos. Así comeza a novela, que se irá complicando e na que irán desfilando unha serie de personaxes entre os cales destaca a figura de Xulia.