Fernando Díaz-Castroverde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Fernando Díaz-Castroverde Gómez,[1] nado en Lugo o 8 de maio de 1967, é catedrático de Lingua galega e Literatura e escritor en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1967 (57 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, escritor |
Premios | |
Traxectoria
editarO seu traballo céntrase na poesía, na narrativa e na crítica literaria. Colabora en revistas pedagóxicas, literarias, libros colectivos e didácticos. Publicou diferentes artigos ensaísticos e traballos poéticos, como "Escuela de chapapote" en Cuadernos de Pedagogía (2003) , "U-la Atlántida? Céltica: Caderno de estudos galaico-portugueses" en A Trabe de Ouro (2006), Caderno da emoción e a palabra. Lois Pereiro (2011), Caderno Manuel María (2016), Caderno didáctico de Carlos Casares (2017), Lingua e Literatura 4º ESO (2006. Consorcio Editorial Galego), Lingua e Literatura 3º ESO (2007. Consorcio Editorial Galego) ou Lingua e Literatura 4º ESO (2008. Consorcio Editorial Galego) e escribiu nas publicacións A Gaveta e A Xanela. Imparte tamén talleres de escritura creativa, Literalúdica, participa en congresos ( Encontros Pedagóxicos de Compostela, 2009; X Xornadas de Expresión Oral, 2009, Mecánica para interpretación e produción do texto literario, XIX Xornadas de Lingua e Literatura, 2009) e faladoiros (Manuel Oliveira Guerra e a revista Céltica, 2008) sobre literatura galega organizados pola Universidade da Coruña, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación cultural Eira Vella e participa tamén en diferentes recitais poéticos, como Poesía polos penedos de Pasarela (2021).
Obras
editarPoesía
editar- Camiño de píntegas. 1998, Espiral Maior.
Narrativa
editarObras colectivas
editar- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989). 1990, Ediciós do Castro.
- Constelación de voces. 25 anos de poesía Premio de Carral. 2022, Espiral Maior.
Recoñecementos
editar- 1989: Premio de poesía Concello de Culleredo por Na morte das mareas[Cómpre referencia]
- 1989: Mención honorífica no XIII Concurso Nacional de Poesía O Facho por Para cando morran as mareas[2]
- 1990: Premio de poesía Meigas e Trasgos por As tecedeiras da choiva[Cómpre referencia]
- 1990: Premio de poesía no XV certame literario Xoán de Sanclemente por Rimas íntimas á lúa[Cómpre referencia]
- 1997: Premio de poesía Concello de Carral por Camiño de píntegas
- 2003: Premio de poesía Meigas e Trasgos por Delirio do xoguete[3]
- 2004: 3º premio no Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro por Comisura
- 2012: Premio Narrativa Breve Repsol por Microbios e outros paquidermos[4]
Notas
editar- ↑ Gran Enciclopedia Galega, Apéndice 2000. Dicionario de Literatuta Galega. Autores. Tomo III.
- ↑ "Xosé Manuel Millán Otero, prémio "O Facho" de poesía" (PDF). A Nosa Terra. 7 de decembro de 1989.
- ↑ Begoña Núñez (26 de agosto de 2003). "La asociación cultural sarriana Meigas e Trasgos entregó los premios de su certamen literario". La Voz de Galicia.
- ↑ "Fernando Díaz-Castroverde gaña o Premio Repsol". Editorial Galaxia. 27 de marzo de 2012.