Xurxo Alonso
Xurxo Alonso García, nado en Buenos Aires o 17 de maio de 1956, é un pintor e escritor galego.
Xurxo Alonso | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1956 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | pintor e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Aínda que nado en Suramérica é galego por ascendencia familiar e porque desde os oito anos reside en Vilagarcía de Arousa. Inicialmente segue outros camiños xa que consegue a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, se ben a súa paixón pola pintura imponse. Empezou o oficio na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e continuou nos talleres de arte actual de Madrid, cerca de pintores tan singulares como Guinovart e Alcorlo; en Donostia, con Bonifacio Alonso e novamente en Madrid con McLean. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra na IX Bienal Internacional de Arte e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada.
As súas primeiras exposicións tiveron lugar en 1983 na súa cidade natal. As individuais repártense por toda Galiza, España e México, participando en numerosas colectivas, nalgunhas das cales obtivo importantes premios, desde o II Certame de artistas noveis, en Vigo, en 1983, a outros en diferentes cidades de Galiza e de España. Posúen obras súas no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, os museos de Burgos, Sada etc, así como deputacións e concellos de moitas cidades españolas.
Xurxo Alonso é, fundamentalmente un paisaxista, de condición intensamente abstractiva e modos que se inician no construtivismo conceptual, que ás veces o emparentan con Molezún ou con Jorge Castillo. A xeografía urbana de Nova York tivo na súa pintura unha influencia considerable. Os volomes concisos, que o simplifica aínda máis, constitúen a referencia, en azuis, rosas, grises para unha expresión deliberadamente elemental. Ás veces emprega gamas neutras e as referencias dilúense ou perden para entregar unha mancha recia, de pincelada ancha, en negros e ocres nos que emerxe un azul moi lírico para insinuarnos a heteroxeneidade dunha megalópole e a vaga referencia dunha natureza de estrutura horizontal moi firme en amplos planos.
Adoita a asinar os seus lenzos coa sinatura XurXo ALoNso.
Obra literaria Editar
Poesía Editar
- Onde viven os saqueadores de naufraxios, 2002, Espiral Maior.
- Cidades de area, 2005, Espiral Maior.
- Breviario de Aldemunde, 2005, Espiral Maior.
- Cartas da fronteira, 2017, Concello de Ourense.
- Hora de penumbra (2020). Alvarellos. 56 páxs. ISBN 978-84-16460-92-2.
- As vaidosas agonías (2021). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-935-4. ePub: ISBN 978-84-9121-971-2.
Obras colectivas Editar
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
Premios literarios Editar
- Premio de poesía Francisco Añón no 1998.
- Premio Xohán de Requeixo no 1999.
- Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2000, por Dime, Alexandría.[1]
- Premio de poesía Feliciano Rolán no 2001.
- Premio Johán Carballeira no 2001, por Onde viven os saqueadores de naufraxios.
- Premio Fermín Bouza Brey no 2003 por Cidades de area.
- Premio de poesía Concello de Carral no 2004 por Breviario de Aldemunde.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 2016, por Cartas da fronteira.
- Premio de poesía Concello de Carral no 2019 por En luz escrita.[2]
- Certame de poesía Torre de Caldaloba no 2019 por Hora de penumbra.[3]
- IX Premio Lueiro Rey de poesía no 2020 por As vaidosas agonías.[4]
- XXII Premio de Poesía Avelina Valladares por No interior do vento.[1]
- Segundo premio no X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro en 2021 por O mapa do pintor.[5]
- Primeiro premio no XI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro en 2022 por O Outro Lado.
- 2023: Primeiro premio no 49º Certame Literario de Poesía do Concello de Vilalba pola súa obra Cartas de Conxo (O legado das Távora).[6]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 asociacionescritoras-es (24 de outubro de 2018). "No interior do vento, de Xurxo Alonso, gaña o XXII Premio de Poesía Avelina Valladares". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 16 de febreiro de 2022.
- ↑ "XURXO ALONSO GAÑA O XXII CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL” Concello de Carral". www.carral.es. Consultado o 2019-05-15.
- ↑ "Xurxo Alonso e Mariña Maceira gañan o certame de poesía Torre de Caldaloba". Terrachaxa.com. 2019-12-01. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-25.
- ↑ Diario, Nós. "Xurxo Alonso gaña a novena edición do premio Manuel Lueiro Rey de poesía". Nós Diario. Consultado o 2021-03-17.
- ↑ "Muiñeira da Pinguela de Lupe Gómez acada o primeiro premio no X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". 2021-11-25. Consultado o 2021-11-27.
- ↑ "O Concello de Vilalba premia a obra literaria de Xurxo Alonso". La Voz de Galicia. 2023-08-27. Consultado o 2023-09-27.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 22. ISBN 84-8064-113-4.
- Xurxo Alonso: Catálogo. Vigo, Galería Saira, 1992.
- Sobrino Manzanares, M.ª Luisa: El lenguaje silencioso de los objetos. Vigo, Galería Alameda, 1995.
- Coincidencias. Santiago, Xunta de Galicia, 1994.