Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro

certame literario galego

O Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro é un certame organizado desde o ano 2012 polo Concello de Mondoñedo,[1] co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Características

editar

Ten por finalidade honrar a memoria do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores premiando a poesía. É un premio a un único poema cunha extensión máxima de 150 versos. Tivo carácter anual até 2023, cando pasou a ser bianual.[2]

Obras premiadas

editar
Ano 1º premio 2º premio 3º premio
2012 (I edición)[3] Nenia a Manuel Leiras Pulpeiro de Xurxo Martínez González Cicatrices do insomnio de Ramón Sandoval Pérez O corpo indomábel de Olalla López Barro
2013 (II edición)[4] De esmagar descalza de Carmen Pereiras Pérez Nas dársenas do estío de Paulino Peña Álvarez Elexías perdidas de Jacobo Llamas Martínez
2014 (III edición)[5] Mentres o tacto de Eduard Velasco Marchamos de Gonzalo Hermo Renovatio de José Antonio Grela Martínez
2015 (IV edición)[6][7] Playlist para unha retirada de Elvira Ribeiro Óscar García Ramos Martiño Maseda Lozano
2016 (V edición)[8] De tacto de Míriam Ferradáns Regreso a Ítaca de Modesto Fraga Ofelia sen dó de Antón Fortes Torres
2017 (VI edición)[9][10] Coleópteros de Lorena Souto Álbum de Emilio Salgado Freire Queiroas de Xosé Ramón Sánchez Varela
2018 (VII edición)[11][12] Mapa de xeografía emocional de Martiño Maseda Lozano 1(14)1 de Alberte Momán Noval Documentos do escribinte de Jorge Alonso García
2019 (VIII edición)[13][14] Citerea de Javier Rodríguez González A ferida de Manuel López Rodríguez O heroe de vidro de Branca Trigo Cabaleiro
2020 (IX edición)[15] Inventario dun adeus. Expiatoria de Andrea Fernández Maneiro Antípodada de Paula Luís González Barazas e Sedeños de Rosa María Novoa Vázquez
2021 (X edición)[16] Muiñeira da Pinguela de Lupe Gómez O mapa do pintor de Xurxo Alonso Os amantes de Míriam Ferradáns
2022 (XI edición)[17] O Outro Lado de Xurxo Alonso Na fendedura interna do lóstrego de Tito Pérez Pérez Aposiopese de María Soledad García Riveiro
  1. "Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro". Portal da Lingua Galega. 17 de novembro de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018. 
  2. "Cultura de Mondoñedo explica que os premios Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome serán bienais". A Mariña Xa. 16 de decembro de 2023. 
  3. García, Yolanda (31 de outubro de 2012). "Fallado el I Premio de Poesía Leiras Pulpeiro en Mondoñedo". La Voz de Galicia. Consultado o 7/12/2020. 
  4. Requeixo, Armando (30 de outubro de 2013). "No II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". Axenda Cultural AELG. Consultado o 7/12/2020. 
  5. "Eduard Velasco gaña o III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". Axenda Cultural AELG. 28 de outubro de 2014. Consultado o 7/12/2020. 
  6. "Elvira Ribeiro acada o Leiras Pulpeiro de poesía". AELG. 
  7. "Elvira Ribeiro acada o Leiras Pulpeiro de poesía". Sermos Diario. 19 de novembro de 2015. 
  8. "Danse a coñecer as obras gañadoras do V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". 2016. 
  9. "Lorena Souto gana el certamen Leiras Pulpeiro de Poesía". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de novembro de 2017. 
  10. "Coleópteros, de Lorena Souto, acada o primeiro premio no VI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". 2017. 
  11. "Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro". AELG. 
  12. "Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro". 2018. 
  13. "Mondoñedo entrega los Premios Leiras Pulpeiro". La Voz de Galicia. 
  14. "Javier Rodríguez González acada o primeiro premio no VIII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". 2019. 
  15. "Inventario dun adeus. Expiatoria de Andrea Fernández Maneiro acada o primeiro premio no IX Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.". concellomondonedo.es. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  16. "Muiñeira da Pinguela de Lupe Gómez acada o primeiro premio no X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". 2021-11-25. Consultado o 2021-11-27. 
  17. "Mondoñedo entrega os premios Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome 2022". 2022-11-28.