Xaime Félix López Arias

Profesor, escritor e avogado galego

Xaime Félix López Arias, nado en Nespereira (Sarria) o 25 de setembro de 1949, é un escritor, profesor e avogado galego.

Infotaula de personaXaime Félix López Arias
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Nespereira, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , avogado , docente Editar o valor em Wikidata

Ten usado o pseudónimo de Arlindo López.[1]

Traxectoria

editar

Despois de facer Maxisterio en Lugo, exerceu de Profesor de Primaria en Doade, en Ribeiras de Lea e nas Nogais, especializándose na educación de adultos.[2] Fixo o Graduado Social e licenciouse en Dereito na UNED en 1978. Rematou de profesor no Instituto de Ensino Secundario Gregorio Fernández –Sarria-, ademais de exercer a avogacía na súa vila.[3]Ten colaborado en revistas sobre o Camiño de Santiago, publicado traballos de investigación histórica no Boletín do Museo Provincial de Lugo, no Boletín do Seminario de Estudios Sarrianos, na revista Seurros e en Corga: revista anual do Centro de Estudos do Corgo,. Ademais, participou nas publicacións O Tamborileiro (Sarria) e Casa Grande de Sarria. "Cousas Xacobeas" son as súas colaboracións en Galicia Dixital.[4]

É autor dos relatos As augas toldas (accésit Pedrón de Ouro), Cuco Rei (accésit Pedrón de Ouro), O Trasno da Cervela (Revista Grial)

Promoveu o Arquivo Comarcal de Sarria e as asociacións culturais “Arcas” e “Irmandade Sarria-Guerledan”.

Foi o pregoeiro das Festas do San Xoán de Sarria en 2024.[5]

  • Santa María Madalena de Sarría (1996). Servicio de Publicacións, Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-063-0.
  • Sarria (2002). Editorial Everest
  • A primeira Deputación Provincial de Lugo (2004). Servicio Publicacións, Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-267-6.

Premios

editar
  • Recibiu o premio de relato Meigas e Trasgos
  • Camelia de Ouro en Vilagarcía
  • Convivio de Guimarães (ensaio).
  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2024-06-22. 
  2. "«Na miña actividade son un anárquico e algo diversificado»". La Voz de Galicia. 2011-07-23. Consultado o 2024-06-22. 
  3. "Jaime Félix López Arias Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-06-22. 
  4. Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com. Consultado o 2024-06-22. 
  5. Orge, María (2024-06-21). "Xaime Félix López Arias: "Sarria para min sempre está na acción e no pensamento"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-06-22.