Iván García Campos

escritor galego

Iván García Campos, nado na Coruña o 14 de xullo de 1974, é un escritor galego.

Infotaula de personaIván García Campos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

AELG: 454

Traxectoria editar

É licenciado en INEF e exerce como rehabilitador físico. Iniciou estudos de Grao en Filosofía en 2015 que interrompeu en 2018.

En 2008 gañou o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo,[1] instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro coa obra Unha casa chea de xanelas.

A súa primeira novela, O imposible de desatar, gañou a XXVIII edición do Premio Blanco Amor en 2010[2]. O xurado, formado por Teresa Bermúdez Montes, Chus Nogueira, Bieito Iglesias Arauxo, Xesús Constela Doce, Carlos González Figueiras e Silvia Díaz Iglesias, salientou a “coherencia e o equilibrio entre a forma e o fondo, e o retrato da cara oculta da sociedade actual; dos conflitos persoais, da sociedade e a incomunicación, a través de personaxes cargadas de humanidade. A novela destaca polo seu carácter innovador no tocante ao estilo e ás técnicas narrativas”.

Cinco anos despois publica Cuestións vitais secretas[3][4], un libro formado por dez relatos que, cunha técnica sinxela e depurada, de frases breves, con preferencia polo estilo indirecto e pola selección de puntos de vista pouco usuais, tratan de facer aparecer o que está oculto nas rutinas da vida corrente [5][6]. A importancia dos pormenores é crucial en todos os relatos, así como a confianza na perspicacia do lector para poder intuír sen necesidade de comprender. A revista dixital Biosbardia, especializada en literatura galega, sinalouno como o libro galego máis recomendable do ano 2015[7].

En decembro de 2019 sae do prelo O viaxeiro perfecto[8][9], onde Mario, un condutor de ambulancia, conecta coa dor das persoas que transporta, ata o punto de concederlles unha última vontade viaxeira, unha antesala á travesía que supón a morte. Trátase dunha road novel onde o eixo vertebrador da narración é o diálogo[10]. Ao contrario dos seus libros anteriores é esta unha novela formalmente moi sinxela onde en ningún momento sabemos o que pensan os personaxes, só o que fan.

Alleo ás redes sociais, esporadicamente publica textos en revistas, xornais e plataformas dixitais.

Desde o ano 2020 colabora como coordinador e editor da sección Decálogos[11][12] en Euseino? Editores, liña de publicacións da Fundación Euseino?, organización non lucrativa independente declarada de interese cultural pola Xunta de Galicia, e creada para promover o pensamento tanto no ámbito literario coma no filosófico.

É así mesmo membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG].

Obra editar

Narrativa editar

 
Presentación de Cuestións vitais secretas, con Víctor Freixanes e Camilo Franco, na Feira do Libro da Coruña, 07/08/2015

Obras colectivas editar

  • Nun edificio, 2002, Agrupación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense.
  • Cordura ou martelos e catro contos máis, 2004, Agrupación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense.
  • VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole: catro relatos, 2006, Concello de Lugo.
  • Os Viadutos. VIII Certame literario de relatos cortos, 2007, Concello de Redondela.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo XXXII e XXXIII, 2008, Ediciós do Castro.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo XXXIV, 2009, Edicións do Castro.

Premios editar

Notas editar

  1. "Iván García Campos". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2019-12-01. 
  2. "Iván García Campos gaña o XVIII Blanco Amor de narrativa" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo na web de A Nosa Terra.
  3. cafebarbantia. "Cuestións Vitais Secretas, De Iván G. Campos | Café Barbantia". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-10. 
  4. "Crisol". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-09-25. Consultado o 2021-11-10. 
  5. "ferradura en tránsito". ferradura1.rssing.com. Consultado o 2021-11-10. 
  6. "“Un libro está vivo cando o lector ten aínda máis preguntas e incertezas despois de lelo”". Praza Pública. 2015-10-06. Consultado o 2021-11-10. 
  7. Lorenzo Gil, César (2016-01-21). "Biblioteca escollida do 2015". BiosBardia. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2016. Consultado o 2021-11-10. 
  8. Armandorequeixo (2020-01-13). "Tabela dos Libros. Xaneiro 2020". Criticalia. Consultado o 2021-11-10. 
  9. Xmeyre, ~ (2020-02-05). "crítica de O VIAXEIRO PERFECTO (Iván García Campos, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-11-10. 
  10. 10,0 10,1 Otero Varela, Inma (Xaneiro-xuño, 2020). "Falar, pensar, moverse". Grial. LVIII (225, 226): 70–71. ISSN 0017-4181. 
  11. "Decálogo da crítica literaria". euseino.org. Consultado o 2021-11-10. 
  12. "Decálogo da novela". euseino.org. Consultado o 2021-11-10. 
  13. "O imposible de desatar". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-01. 
  14. "Imposible de desatar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2019-06-29. 
  15. "Iván García Campos" (en castelán). Consultado o 2019-12-01. 
  16. "Cuestións vitais secretas". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-01. 
  17. "Iván García Campos: “A miña literatura é unha reflexión artística sobre o presente”". BiosBardia. 2016-02-02. Consultado o 2019-12-01. 
  18. "O viaxeiro perfecto". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-01. 
  19. L.D (2001-06-28). "Presentan en La Coruña el primer concurso de poemas por el móvil". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 2021-11-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar