Euseino? Editores

selo editorial galego

Euseino? Editores é o selo editorial da Fundación Euseino?, con sede en Vigo.

Euseino? Editores
Sede de Euseino?, na rúa México, de Vigo.
Tipoeditorial
Data de fundación2012
SedeVigo
PaísGalicia
42°13′54″N 8°42′58″O / 42.231754743066, -8.7162036302536
Na rede
https://euseino.org/
Facebook: euseino Twitter: EuseinoEditores Instagram: euseinosocial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Euseino? naceu en 2012 como un proxecto de Carlos Lema e Beatriz Fraga para a publicación de textos sobre as relacións entre filosofía, literatura, teoría da literatura e estética.

 
Escaparate de Euseino?

O seu catálogo está formado pola colección Casabranca, dedicada á filosofía, con obras de Rebeca Baceiredo, Delmiro Rocha, Abraham Rubín, Quentin Meillassoux e Anna Longo. A colección Rúa do Sol está dedicada á teoría das artes. A colección Rúa do Lagarto, dirixida pola escritora Berta Dávila, está dedicada á narrativa. Tamén se inclúe a serie Onocrótalo de álbums ilustrados. A publicación periódica Anotacións sobre literatura e filosofía[1] inclúe ensaios de autores coma Giorgio Agamben, Michael Marder, Inma Otero, Miguel Penas, Graham Harman e Chus Pato.

A súa liña editorial tamén difunde en galego o pensamento filosófico do realismo especulativo.

Publicacións editar

Colección Casabranca editar

Trátase dunha colección de obras de filosofía. Está dirixida por Carlos Lema e, dende o 2022, o seu editor é coordinador é Mario Losada.[2]

N.º Ano Título Autoría Tradución
1 2013 A revolución non vai ser televisada Rebeca Baceiredo N/A
2 2013 A música das esferas: xenealoxía da orde do mundo Carlos Lema N/A
3 2014 Quizais: filosofía ético-política do porvir Delmiro Rocha N/A
4 2014 Tempo sen devir, seguido de Continxencia e liberdade Quentin Meillasoux/Anna Longo Carlos Lema
5 2015 Capitalismo e fascismo: psico-ontoloxía da escravitude Rebeca Baceiredo N/A
6 2016 Corpo-circuítos: máquinas de subxectivación Abraham Rubín N/A
7 2017 Filosofía da individuación Miguel Penas N/A
8 2017 Emerxencia Maurizio Ferraris Inma Otero Varela
9 2019 A monstruosidade moderna Carlos Lema N/A
10 2021 A orde dos obxectos Mario Losada N/A
11 2021 Transhumanismo: tecnociencias e antropotecnias Brais Arribas N/A
12 2022 O obxecto muller e o xiro ontolóxico Inma Otero Varela N/A
13 2022 Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas. Travesías cara a nada Rebeca Baceiredo N/A
14 2023 Verdade e acción: a certeza pragmática Fernando González Gándara N/A

Colección Onocrótalo editar

Trátase dunha colección de álbums ilustrados, centrados na arte contemporánea. Está dirixida pola súa creadora, Beatriz Fraga.[3]

N.º Ano Título Autoría
1 2017 Lica Beatriz Fraga
2 2019 Mondas Din Matamoro e María Infantes
3 2021 Aventuras espaciais de T e Ronni Maks

Colección Rúa do Lagarto editar

Trátase dunha colección de literatura. Foi fundada por Beatriz Fraga e Carlos Lema, e a súa editora e directora é Berta Dávila.[4]

N.º Ano Título Autoría
1 2012 O Rei Portador e outras historias Beatriz Fraga
2 2022 Ninguén queda Brais Lamela
3 2023 Diario de dúas casas María Villamarín

Colección Rúa do Sol editar

Trátase dunha colección sobre as artes e a teoría artística. Combina o libro impreso co dixital, e conta con publicacións en acceso libre.[5]

N.º Ano Título Autoría Tradución
1 2013 Principios xerais para o axeitamento da forma e da cor en Arquitectura e Artes Decorativas Owen Jones Hadrián Loureiro
2 2017 Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese Quentin Meillasoux Carlos Lema
3 2018 A verdade errada e a representación errante Rebeca Baceiredo N/A
4 2020 A representación da Bela Dormente a través da indumentaria Beatriz Fraga N/A
5 2020 Ensaio sobre o poema e o mar da morte Antón Blanco Casás N/A

Notas editar

  1. Anotacións sobre a literatura e a filosofía na páxina web da editorial.
  2. "Casabranca". euseino.org. 2012-11-16. Consultado o 2024-03-10. 
  3. "Onocrótalo". euseino.org. 2021-04-22. Consultado o 2024-03-12. 
  4. "Rúa do Lagarto". euseino.org. 2021-04-22. Consultado o 2024-03-12. 
  5. "Rúa do Sol". euseino.org. 2013-06-28. Consultado o 2024-03-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar