Víctor Freixanes
Víctor Fernández Freixanes[1], máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F. Freixanes, nado o 25 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.[2]
Víctor Freixanes | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Víctor Fernández Freixanes |
Nacemento | 25 de agosto de 1951 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | Presidente da Real Academia Galega |
Cónxuxe | María Dolores Cabrera Iglesias |
Fillos | Denís Fernández Cabrera |
Irmáns | Xosé Freixanes |
Xéneros | Narrativa |
Premios | Modesto R. Figueiredo en 1978 Blanco Amor en 1982 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Formación e escritaEditar
Fillo de Víctor Fernández Barcia. Licenciado en filoloxía románica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.
ActividadesEditar
Catedrático de Lingua e Literatura Galega (1ª promoción de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador habitual de medios de comunicación como La Voz de Galicia, tamén presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987).
No ámbito empresarial, foi director xeral de edicións Xerais (1989-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 [3] a 2016[4].
No ano 2004 leu o discurso de ingreso na Real Academia Galega, institución que preside desde o 28 de marzo de 2017. Substituíu no cargo ao profesor e escritor Xesús Alonso Montero, quen non se presentou á reelección.
Vida persoalEditar
Casado con María Dolores Cabrera Iglesias, é pai de Diniz Cabreira e mais de Tristán Fernández Cabrera[5].
ObrasEditar
EnsaioEditar
NarrativaEditar
- O triángulo inscrito na circunferencia (1982, Galaxia). Foi traducida ao castelán.[6]
- O enxoval da noiva (1988, Galaxia).
- A cidade dos Césares (1993, Xerais, despois incluída na Biblioteca Galega 120).
- Cabalo de ouros (2010, Galaxia). Traducido ao castelán no 2012 como Caballo de oros, publicado en Siruela.[7]
TraduciónsEditar
- Cartas desde o meu muíño (1983, Xerais) (Lettres de mon moulin, 1870), de Alphonse Daudet.
Obras colectivasEditar
- Unha ducia de galegos (1976, Galaxia).
- Traballos premiados no 4º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, 1978, Edicións do Castro.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Xermolos).
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Abrir Vigo ó mar (1996, Consorcio da Zona Franca de Vigo). Canda Álvarez Cáccamo, Casares, Garrido, Fernández del Riego et al.
- Johan de Cangas, Martín Codax, Meendinho. Unha fotobiografía (1998, Xerais).
- Galicia, unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
- A memoria de Pontevedra (2001, Xerais).
- Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
- Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Fermín Penzol: unha obra para un país (2010, Galaxia).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015).
PremiosEditar
- Premio Modesto R. Figueiredo en 1978, por A caza de cascudas.
- Finalista do Premio Internacional da Prensa en Niza no 1980, por Memoria dun fuxido.
- Premio Blanco Amor no 1982, por O triángulo inscrito na circunferencia.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 1982, por O triángulo inscrito na circunferencia.
- Premio da Crítica de creación literaria no 1983, por O triángulo inscrito na circunferencia.
- Premio da Crítica de creación literaria no 1989, por O enxoval da noiva.
- Premio Torrente Ballester no 1992, por A cidade dos Césares.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 2010, por Cabalo de ouros.
NotasEditar
- ↑ "A efectos da fala, Feijóo é Feixóo". Nós Diario. 22 de abril de 2018.
- ↑ Pardo, Miguel (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública. Consultado o 29 de marzo de 2017.
- ↑ "A historia de Galaxia". Editorial Galaxia. Consultado o 2018-06-30.
- ↑ Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia, nova na páxina web da Editorial Galaxia.
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Freixanes, Víctor". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 202. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "El triángulo inscrito en la circunferencia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Caballo de Oros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víctor Freixanes |
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Xesús Alonso Montero |
Presidente da Real Academia Galega Dende 2017 |
Sucesor: — |