Francisco A. Vidal

escritor e etnógrafo galego
(Redirección desde «Francisco Antonio Vidal Blanco»)

Francisco Antonio Vidal Blanco nado na Bouciña (Palmeira, Ribeira) en 1957, é un escritor e etnógrafo galego.

Infotaula de personaFrancisco A. Vidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
A Bouciña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 185

Traxectoria editar

Iniciou a súa andaina literaria en 1977 con artigos publicados na prensa, de temática variada, desde a etnografía ata a ciencia, onde se afrontou o, ata daquela infrecuente, vocabulario técnico en galego, coa serie de principios dos 80, no periódico A Nosa Terra, "Ciencia, Técnica e Trebellos". Na actualidade (desde 2004) colabora con La Voz de Galicia (edición da Barbanza), publicando artigos semanais baixo o título xenérico de "Lingua Proletaria".

Entre as obras publicadas, son de salientar O Cuarto dos Ausentes, Os Chanzos da Escada (traducida ó castelán co título de El Constructor de Escaleras), A Luz da Eclipse e os Pecados Capitais, centradas nun universo propio cuxo epicentro é a vila imaxinaria de Cerqueixo. Ollos de Anxo da Morte relata o asolagamento dunha parroquia da Baixa Limia; A Derradeira Decisión desenvólvese entre a Galicia sueva e o Bizancio de Xustiniano, e O Botín da Inmortalidade, unha novela de aventuras mariñeiras no século XVI, ambientada na ría de Arousa, xunto con varias publicacións colectivas, onde aparecen os relatos breves, completan a súa produción creativa. Asemade, no eido da literatura infantil, foi premiado e publicado o conto Piquiño Mouro e no referente á literatura dramática, a obra A serea.

Na súa faceta de activista cultural desenvolveu o labor principal desde asociacións tales como a Agrupación Cultural O Facho da Coruña onde foi vicepresidente, a Asociación Manuel Murguía de Oseiro (Arteixo), co cargo de secretario, e actualmente está na dirección da tamén arteixá asociación Polos Camiños da que é membro fundador.[Cómpre referencia]

En referencia ó seu traballo como etnógrafo e articulista, hai que resaltar as colaboracións no periódico A Nosa Terra coas series "Camiño Vello", "Congostra Nova" e "Meu Santo", Miña Santiña e, no ámbito local, en El periódico de Arteixo coa sección titulada "Polos Camiños de Arteixo". En outubro de 2009 editou, en colaboración con Rosa B. Vizcaya o libro "Dos fastos ós festexos, da mitoloxía clásica á relixiosidade galega".

O labor de investigación e reivindicación da figura de Manuel Murguía, levouno a impulsar a reedición de varias obras do Patriarca e á publicación de libros e numerosos artigos sobre este ilustre arteixán, tales como a biografía Manuel Murguía, con tradución ó castelán, Os textos en galego de Murguía e a serie de artigos publicados n' O Correo Galego e recollidos nun volume titulado Murguía: as letras e a historia.

Desde o 23 de abril de 2009, Día do Libro, a biblioteca do Froxel (lugar no que naceu Murguía) ten, por acordo do pleno municipal de Arteixo, o nome oficial de Biblioteca Francisco A. Vidal.[Cómpre referencia]

En outubro de 2009 publicou, en colaboración coa historiadora Rosa Benigna Vizcaya Betanzos, o libro "Dos fastos ós festexos (dos antigos mitos á relixiosidade galega)"; e en abril de 2010 a novela "As deusas do Calvario".

En xuño de 2015 publica "O coitelo de pedra fundida".

A Asociación Cultural Barbantia, concedeulle no ano 2017 o sereo á traxectoria cultural, un premio votado entre os socios.[Cómpre referencia] En 2021, tras acadar o premio Laudamuco para textos teatrais pola obra "A vinganza de Fortimbrás", o texto é publicado pola editorial Edicións Positivas.

No 2022 publicou a novela Principio de exclusión na editorial Embora, e déronlle o 2º premio no certame de novela "Vilar Ponte" de Viveiro.[Cómpre referencia]

Obra editar

Narrativa editar

  • Ollos de anxo da morte (1997, Toxosoutos).
  • O cuarto dos ausentes (1999, Espiral Maior).
  • A derradeira decisión (2001, Toxosoutos).
  • O botín da inmortalidade (2003, Toxosoutos).
  • A luz da eclipse (2003, Toxosoutos).
  • Os chanzos da escada (2004, Toxosoutos). Publicado en castelán como El constructor de escaleras no 2006, na mesma editora e traducido polo propio autor.
  • A Serea (2006, Fervenzas). Tatro
  • Os pecados capitais (2007, Xerais).
  • As deusas do Calvario (2010, Toxosoutos).
  • O coitelo de Pedra Fundida (2015, Toxosoutos)
  • Principio de exclusión (2022, Embora)

Ensaio editar

Edición editar

  • Manuel Murguía. Textos en galego (1999, Toxosoutos).

Literatura drámatica editar

  • A serea (2006, Fervenza).
  • A vinganza de Fortimbrás (2021, Edicións Positivas).

Tradución editar

Obras colectivas editar

  • Dos fastos aos festexos (2009, Toxosoutos). Ensaio. En colaboración con Rosa Benigna Vizcaya Betanzos.
  • Voces na Guerra (Barbantia, 2006). VV. AA.
  • A cor dos soños (Barbantia, 2007). VV. AA.

Series xornalísticas editar

  • "Ciencia, Técnica e Trebellos" (A Nosa Terra, 1980-1982).
  • "Camiño vello, congostra nova" (A Nosa Terra, 1996-1999).
  • "Meu santo, miña santiña" (A Nosa Terra, 2002).
  • "Polos Camiños de Arteixo" (El Periódico de Arteixo, 2003).
  • "Lingua Proletaria" (La Voz de Galicia, 2004-).

Premios editar

  • Premio de Narrativa do Concello de Vilalba no 1992, por Ollos de anxo da morte.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1992, por A espiral da fortuna.
  • Premio de Literatura Infantil Olisbos no 1994, por Piquiño Mouro.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1995, por As voces da conciencia.
  • Premio Breogán de Narrativa do Centro Galego de Barakaldo no 1996, por A auga da vida.
  • Premio de Narrativa do Concello de Vilalba no 1997, pola novela O cuarto dos ausentes.
  • Premio de relato breve do Centro Rexional de Castela-A Mancha da Coruña no 1999, por O anano do híper.
  • Premio de Narración de Aventura Avilés de Taramancos no 2003, por O botín da inmortalidade.
  • Premio de Narrativa Pastor Díaz do Concello de Viveiro no 2003, pola novela A luz da eclipse.
  • Premio Terra de Melide no 2005, por Os pecados capitais.
  • Premio Sereo 2017 da Asociación Cultural Barbantia á súa traxectoria cultural.
  • Premio Laudamuco de textos teatrais do Concello de Brión en 2021.
  • 2º Premio "Vilar Ponte" de Viveiro.
  • Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia 2024, por O dedo e os monstros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar