Ramiro Fonte
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume o 7 de setembro de 1957[1] e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1957 Pontedeume, España |
Morte | 11 de outubro de 2008 (51 anos) L'Hospitalet de Llobregat, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, poesía, Prosa, lingua galega, literatura galega e crítica literaria |
Ocupación | poeta , crítico literario , ensaísta , escritor , profesor universitario |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Premios | |
Traxectoria
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna en 1981.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
Obra
editarPoesía
editar- As cidades da nada, 1983, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Designium, 1984, Edicións Xerais de Galicia.
- Pensar na tempestade, 1986, Sotelo Blanco.
- Pasa un segredo, 1988, Xerais. Publicado en castelán no 1991 por Libertarias.
- Escolma poética, 1990, Deputación de Granada, en edición bilingüe galego-castelán.
- Adeus norte, 1991, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.[2]
- As lúas suburbanas, 1991, Librería Anticuaria el Guadalhorce.
- Luz do mediodía, 1995, Espiral Maior.[3]
- Persoas de amor, 1995, Monograma.
- O cazador de libros, 1997, Sotelo Blanco.
- Mínima moralidade, 1998, Deputación da Coruña.
- Capitán Inverno, 1999, Xerais. Publicado en castelán no 2002 por Editorial Pre-Textos.[4]
- A rocha dos proscritos, 2001, Deputación de Pontevedra.[5]
- Reversos, 2008, Xerais.
Narrativa
editar- Catro novelas sentimentais, 1988, Xerais.
- Aves de paso, 1990, Xerais.
- As regras do xogo, 1990, Cumio.
- Os leopardos da lúa, 1993, Galaxia.
- Soños eternos, 1994, Nigra.
- Os meus ollos, 2003, Xerais.
- Os ollos da ponte, 2004, Xerais.
- As pontes no ceo, 2007, Xerais.
Literatura infanto-xuvenil
editar- Xardín do pasatempo, 2008, Tambre. Poesía
Ensaio
editar- Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria, 1992, Galaxia.
- As bandeiras do corsario, 1996, Nigra.
En antoloxías e obras colectivas
editar- Cravo fondo, 1977, Follas Novas.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Unha fotobiografía, 1989, Xerais.
- "Iluminacións danubianas" en Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- "Razóns para matar a Martíns" en O relato breve. Escolma dunha década, 1990, Galaxia.
- Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Ámbito dos pasos, 1996, Concello de Pontedeume.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Galician generation of the eighties: three poets, 1999, Universidade da Coruña.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
Premios
editar- Premio da Crítica de Galicia no 1985, por Designium.
- Premio Losada Diéguez de creación no 1985, por Designium.
- Premio Pedrón de Ouro no 1986, por O retornado.
- Premio da Crítica española no 1988, por Pasa un segredo.
- Premio Esquío no 1990, por Adeus norte.
- Premio Miguel González Garcés no 1997, por Mínima moralidade.
- Premio Losada Diéguez de creación no 2004, por Os meus ollos.
Poemas musicados
editarO guitarrista e compositor Víctor Aneiros musicaliza o poema "Na barra", no seu álbum Heroe Secreto (2008). No seu álbum Brétemas da Memoria (2010) musicaliza 7 poemas de Ramiro Fonte: "Vida bohemia", "Sombras de Compostela", "Autor de westerns", "Máis alá", "Un tute á morte", "Cabina telefónica" (Lupanar de cristal) e "Rita Hayworth" (Sirenas da policía).
Notas
editar- ↑ Bea Abelairas. "El Concello de Pontedeume pondrá el nombre de Ramiro Fonte a la biblioteca municipal". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Publicado en castelán no 1992 por Editorial Renacimiento.
- ↑ Publicado en castelán no 1997 por Editorial Renacimiento.
- ↑ "Capitán Invierno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ 2ª edición ampliada en 2005 con O pasaxeiro inmóbil, publicada en Xerais.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Ramiro Fonte" Gran Enciclopèdia Catalana.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Ramiro Fonte". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Páxina do autor en Xerais
- "O home necesita lembranzas para valerse na súa vida" La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2007.
- Salgado, Daniel (7/12/2007). "Reivindico a ética do artesán fronte ao ego do artista", El País.
- "Ramiro Fonte na voz dos seus amigos", Nova do seu falecemento en Vieiros, 13 de outubro de 2008.