Bernardo Máiz

historiador galego
(Redirixido desde "Bernardo Maiz")

Bernardo Máiz Vázquez, nado en Ferrol o 12 de maio de 1950[1], é un historiador galego.

Bernardo Máiz Vázquez
Nacemento12 de maio de 1950
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
OcupaciónHistoriador, escritor, mestre
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973, e Doutor en Historia Contemporánea (Zaragoza, 1984) coa tese titulada "1936-1964. A esquerda militante en Galicia". Membro fundador do colectivo "Memoria Histórica Democrática".[2] Foi profesor de secundaria e catedrático no IES Concepción Arenal de Ferrol (1976-2010).

É veciño do Seixo, Mugardos.

ObraEditar

EnsaioEditar

  • Galicia na II República e baixo o franquismo (1988, Xerais).
  • Memoria-catálogo das publicaciones galegas antifranquistas (1989, Ediciós do Castro).
  • Nautilus (1892-1894) (1994, Xerais).
  • As embarcacións de pasaxe nas rías galegas (1573-2000) (2001, Xerais).
  • Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consello de Guerra, Ferrol 1934-1955 (2004, A Nosa Terra).
  • É de xustiza : Homenaxe ás Corporacións da II República. (2006, Concello de Fene).
  • O marco lexislativo represivo do franquismo, 1959‐1978. (2007, Fundación Galiza Sempre).
  • Castelo de San Felipe: cárcere e morte (2010, Edicións Embora).
  • O Seixo, na Outra Banda da banda de Ferrol (2015, Edicións Embora)
  • Amada García e os seus arredores (2017, Edicións Embora)

NarrativaEditar

  • Relato premiado no 7º concurso de narración curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Edicións do Castro).

Obras colectivasEditar

  • O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (1990, Univ. de Santiago de Compostela)
  • A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997, Asociación Cultural Obradoiro de Historia de Ordes). Con Manuel Pazos Gómez.
  • Unha ollada darredor do 98 (1998, Concello de Ferrol).
  • Indianos. A arquitectura da emigración na península de Bezoucos (2000, COAG).
  • Achegamento á Segunda República en Ordes: documentos (2001, Asociación Cultural Obradoiro da Historia). Con Emilio Grandío Seoane e Manuel Pazos Gómez.
  • Ferrol. Siglo XX (2002, Voz de Galicia editora).
  • O sindicalismo nacionalista galego (1972-1982) (2003, CIG). Con Bieito Alonso.
  • 75 anos da II República (2006, monográfico da revista Cátedra de Pontedeume).
  • Historia do instituto "Concepción Arenal" (I) (2007, Embora).
  • Tendendo cabos. Vigo: Museo do Mar de Galicia, (2008, Cons. de Cultura).
  • As embarcacións tradicionais: do Arco Ártabro a Ribadeo (2009, Embora). Con Enrique Freire.
  • Xuntos por Galicia.A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia. (2009 CSIC).
  • A Galicia de Bóveda. Pontevedra (2009, Difusora de Letras, Artes e Ideas)
  • Síntese histórica do movemento obreiro galego: das orixes até 1984 (2010, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza).
  • Ecos dun tempo. (2010, Andavira editora) 
  • A Unión Mugardesa de Instrucción (1910-2010) (2011, Deputación da Coruña)
  • Embarcacións tradicionais. Galicia. Pasado e presente. (2013, Zaera/Silvar)
  • Homenaxe a Ferrol Vello (2015, Edicións Embora).
  • Os barcos do exilio (2015, Casa da Gramática).
  • Represión franquista e memoria histórica (2016, Instituto Galego de Historia)
  • Os nomes do terror (2017-2018, Sermos Galiza, 3 edicións)
  • Guerras de Cuba: reclututamento, prófugos, mutilados, desertores, combatientes (2019, Cátedra, Revista eumesa de estudios)
  • Memoria histórica do barrio de Canido (2019, Edicións Embora).
  • Hei de entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero (2019, Edicións Embora)
  • (Coor) O Carballo que fun en Ferrol: aproximación a Ricardo Calero (2010, Club de Prensa de Ferrol / Xunta de Galicia)

PremiosEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar