Xavier Alcalá
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1947 (77 anos) Miguelturra, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - grao en enxeñaría de telecomunicación Universidade da Coruña - Doutor en filosofía |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | tres (en 1975, 1978 e 1981) |
Irmáns | Alfredo Alcalá |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarViviu en Ferrol dende a infancia,[1] e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.
Traballou como auxiliar de laboratorio en Generale di Telefonia de Elettronica (1973-74), foi enxeñeiro de mantemento en Onuba (Teledyne Isotopes) (1974-75), director técnico rexional da Compagnie Xeral de Radiologie (Thomson-CSF) (1975-77), delegado rexional de Hispano Electrónica (1977-81), director comercial de Gaélico (1981-84), delegado técnico-comercial de Sintel (1984-86), director técnico da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (1986-88), subdirector de Sintel Noroeste (1988-94), consultor asociado a Lógica Sistemas de Información (1994-95), director técnico do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (1995-2003), conselleiro de Emetel Sistemas e asesor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do Centro de Innovación e Servizos de Galicia.[2]
Colaborou con xornais como El Correo Gallego, El Mundo, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, con series como «Os xuramentados», «Desde a última trincheira», «O impaís», «Do caderno ó prelo». Entre 1976 e 1979 foi responsábel da sección Arco da Vella en El Ideal Gallego.[3] No Grial 229: O país dos alcumes.[4]
Foi o primeiro presidente da AGAL. Escribiu cancións para Andrés do Barro, como "Teño saudade",[5][6] "A uns ollos verdes",[7] "Rapaciña" ou "Fogar de Breogán".
Vida persoal
editarÉ irmán do arquitecto Alfredo Alcalá. Ten tres fillos: Santiago (1975), Luis (1978) e Inés Alcalá Baillie (1981).[8]
Obras
editarNarrativa
editar- Novela
- A insua (1978). Lugo: Alvarellos. ISBN 978-8485311231.
- A nosa cinza (1980). Santiago: Editorial Follas Novas. Ademais tivo dúas edicións na Editorial Nós e quince en Galaxia: 242 páxs. ISBN 978-84-9151-409-1 (5ª). En castelán El calor de la ceniza (2020), Amazón.[9]
- Fábula (1980). Vigo: Galaxia. 292 páxs. ISBN 978-84-9865-601-5 (2015). Publicado en castelán en Pulp Books.[10]
- Nos pagos de Huinca Loo (1982). A Coruña: Editorial Nós.[11]Traducido ao castelán.[12] En 1992: Galaxia, 284 páxs. ISBN 978-84-7154-837-5.
- Tertúlia (1985). Santiago: Sotelo Blanco, col. Medusa. ISBN 978-84-86021-20-7.
- Fumes de papel (1988). A Coruña: Vía Láctea Edicións. En 2004: Galaxia, Costa Oeste, 168 páxs. ISBN 9788482886794.
- Cárcere verde (1990). Vigo: Galaxia. Editado en castelán co título Contra el viento en 1993.[13]
- Latitude austral (1991). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-7154-808-5 (2ª).
- Código morse (1996). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788475079844. Editado en castelán co mesmo título en 1997.[14]
- Alén da desventura (1998, Vigo: Galaxia. Traducido ao castelán.[15] Edición de 2022 con ilustracións de Siro, 352 páxs. ISBN 978-84-9151-901-0.
- Entre fronteiras (2004). Vigo: Galaxia. 348 páxs. ISBN 978-84-8288-667-1.[16] Editado en castelán co título Entre fronteras en 2006.[17] 1ª entrega da triloxía Evanxélica memoria que narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX.
- Nas catacumbas (2005). Vigo: Galaxia. 424 páxs. ISBN 978-84-8288-802-6. Traducido ao castelán.[18] 2ª entrega da triloxía Evanxélica memoria.[19]
- Unha falsa luz (2007). Vigo: Galaxia. 474 páxs. Traducido ao castelán.[20] 3ª entrega da triloxía Evanxélica memoria.
- Verde oliva (2012). Vigo: Galaxia. 416 páxs. ISBN 978-84-9865-447-9.[21]
- The making of (2018) Vigo: Galaxia. 496 páxs. ISBN 978-84-9151-178-6.[22] Editado en castelán co título A mala sangre en 2021.[23]
- A capital do mundo (2024). Vigo: Galaxia. 366 páxs. ISBN 978-84-1176-317-2.[24]
- Relatos
- Voltar, seis personaxes e un fado (1972). Vigo: Galaxia.[25] 123 páxs. ISBN 9788471546012.
- O Larvisión e outros relatos (1984). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788475071268.
- Contos das Américas (1992). Vigo: Xerais. ISBN 978-8475076676. Traducido ao castelán.[26]
- Contos do impaís (1992). Vigo: Xerais. ISBN 9788475076669.
- Evaristo do cine (1992). Contos do Castromil.
- Hotel Damasco (1995). Vigo: Nigra. 82 páxs. ISBN 9788487709418.
- O tafetán (2003). Ferrol: Edicións Embora.
Ensaio
editar- Cartas ao Cholo (2019). A Coruña: Medulia Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-948102-8-2. (artigos)
Crónicas de viaxes
editar- Arxentina (1990). Vigo: Xerais. 226 páxs. ISBN 978-8475075228.
- Viaxes no país de Elal (1992). Vigo: Galaxia. 220 páxs. ISBN 9788471548344.
- La Habana Flash (1998). Vigo: Galaxia, col Continental. 228 páxs. ISBN 978-84-8288-239-0. Traducido ao castelán.[27]
Traducións
editar- A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson (1984). Vigo: Xerais. Do inglés ao galego.[28]
- Estudio en escarlata, de Arthur Conan Doyle (1986). Vigo: Xerais. Do inglés ao galego.[28]
Obras colectivas
editar- A fundición e outras narracións, 1978, Ediciós do Castro.
- O larvisión e outros relatos, 1981, Ediciós do Castro.
- Antoloxía do conto galego, 1989, Galaxia.
- Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos, canda Alfonso Blanco Torrado.
- Contos da xustiza, 1991, Ir Indo Edicións.
- Aí está o conto, 1992, Xunta de Galicia.
- Manual e escolma do relato galego, 1995, Sotelo Blanco.
- Relatos, 1995, Laiovento.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia.
- Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Fóra de obxectivo, 2003, A Nosa Terra.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora.
- Antoloxía do conto galego do século XX, 2006, Galaxia.
- Contos de agardar, 2007, Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Premios
editar- Premio Modesto R. Figueiredo en 1975 con A fundición.
- Fábula (1980), Premio Cidade da Coruña, Premio da Crítica Española.
- Premio Francisco Lanza en 1981 con O larvisión.
- Premio Manuel Murguía en 1994 con Relación de feitos de sangue.
- Premio Concello de Vilalba en 1995 con Hotel Damasco.
- Premio Blanco Amor no 1998 con Alén da desventura.
- Premio Manuel Murguía en 2001 con Informe de dúas mortes.
- Premio da Crítica Galicia no 2006 con Nas catacumbas.
Notas
editar- ↑ Autobiografía na Biblioteca Virtual Galega
- ↑ "Francisco Xavier Alcalá Navarro". Galegos.
- ↑ A lingua galega: historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional: A Lingua Galega: Historia e Actualidade, Consello da Cultura Galega, páx. 435
- ↑ Alcalá, Xavier (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "No país dos alcumes". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 74–77. ISSN 0017-4181.
- ↑ Fernández Rego, F. (2010). 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega. Ed. Toxosoutos. p. 43. ISBN 9788492792382.
- ↑ Araguas, V. (1991). Voces Ceibes. Xerais. p. 64. ISBN 84-7507-585-1.
- ↑ Fernández Rego, F. (2015). Saudade. Andrés do Barro: El músico que llevó el pop gallego al número uno de ventas. Lafonoteca. p. 94. ISBN 978-84-606-9401-4.
- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 17. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Araguas, Vicente (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Unha cinza que se espalla". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 89–90. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Fábula". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ Alcalá lendo un fragmento de Nos pagos de Huinca Loo.
- ↑ "Cristiano muerto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Contra el viento". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Código Morse". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Al sur del mundo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Editorial Galaxia Entre fronteiras". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ "Entre fronteras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "En las catacumbas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Editorial Galaxia Nas catacumbas". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ "Una falsa luz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Editorial Galaxia Verde oliva". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ Xmeyre, ~ (2018-11-14). "crítica de THE MAKING OFF (Xavier Alcalá, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ "A mala sangre". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-10.
- ↑ "A capital do mundo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-08-01.
- ↑ Bibliografía no blog de Xavier Alcalá Arquivado 05 de marzo de 2011 en Wayback Machine., contén as imaxes das portadas de tódolos seus libros.
- ↑ "Cuentos de las Américas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ "Habana flash". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
- ↑ 28,0 28,1 Ficha do escritor na editorial Xerais
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xavier Alcalá |
Bibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.