Xoán Bernárdez Vilar
Xoán Bernárdez Vilar, nado en Marín o 5 de abril de 1936, é un escritor, historiador e ensaísta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1936 (88 anos) Marín, España |
Formación profesional | Maxisterio, Xeografía, Arte e Historia |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, ensaísta |
Membro de | |
Xénero artístico | Narrativa e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarNado en Marín en 1936, aos sete anos trasládase a Vigo, onde fai o Bacharelato. Estuda Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 convértese en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, hoxe Caixanova. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo[1].
Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da guerra civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo.
Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia etc. Publicou tamén contos. É tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés e latín.
Dende o 22 de febreiro do ano 2003 é Académico Correspondente da Real Academia Galega.
O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, sobre a "Ora Maritima de Rufio Festo Avieno", obtendo a cualificación de sobresaínte, polo que dende esa data é doutor en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Vigo.
Obras principais
editarNarrativa
editar- Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, 1976, Patronato da Cultura Galega.
- ¡Ouveade, naves de Tarsish!, 1983, Ediciós do Castro.
- Homo sapiens, 1984, Ediciós do Castro.
- Vento do norte, Vento do sul, 1985, Casa de Galicia de León.
- No ano do cometa, 1987, Xerais.
- ¡Xerusalén, Xerusalén!, 1992, Edicións do Cumio.
- Big-Bang, 1996, Xerais.
- A saga da illa sen noite, 2001, Toxosoutos. (Tradución ao castelán: Saga de la isla sin noche, no 2004).[2]
Ensaio
editarLibros
editar- Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, 1990, Universidade de Santiago de Compostela.
- Xeografía do mito de Tristán e Iseu, 2000.
- Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV, 2001, Universidade de Vigo.
- A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto, 2001, Toxosoutos.
- A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile, 2003, Galaxia.
- O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma, 2003, Toxosoutos (Tradución ao castelán: El inicio de nuestra Edad Media. La Gallaecia que se emancipó de Roma, no 2004).
- O rei Artur: Mito e realidade, 2005, Galaxia.
- El mundo antiguo a través de la "Ora Maritima" de Rufio Festo Avieno, 26-l2-2012, Galaxia. Tese de Doutoramento en Xeografía, Arte e Historia, na Universidade de Vigo.
- O extraordinario mundo da "Ora Maritima". (2013) Tórculo Artes Gráficas. Tese de Doutoramento en Xeografía, Arte e Historia, na Universidade de Vigo
Artigos en revistas
editar- Pesquisas nas origens do mito de Tristám e Iseu, 1986, Agália.
- Egipto, a viagem perdida de Egéria, 1990, Agália.
- O incógnito monte Zephiro da "Ora Maritima", 1991, Latexo.
- O descobridor que chegou do frío. A viagem de Cristóvao Colombo a Thule, 1992, Agália.
- A expediçom luso-dinamarquesa ao noroeste atlántico: alcançárom América os Portugueses antes do que Colom?, 1997, Agália.
- Nada novo debaixo do sol: A legitimaçom do poder atravês da arte na Roma de Augusto, 1999, Agália.
- A cuestión da celtidade de Galicia, 2003.
- Os Olhos da História. A Cartografía, dos seus inícios ás decisivas contribuiçoes do português "Planisferio Cantino", de 1502, 2003, Agália.
- Consideracións acerca de Baiona e do Rei Afonso, 2003.
- A "Carta de París", considerada como de Cristóbal Colón, 2004.
- O Val Miñor na "Ora Maritima" de Rufius Festus Avienus, 2007.
- A viaxe de Colón "Ultra Tile", 2008 (Relatorio presentado no III Congreso Internacional, A Viaxe, do Concello de Palas de Rei).
Teatro
editar- O valedor do reino, 2002, edición dixital.
Obras colectivas
editar- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. II, 2000, Parlamento de Galicia/Universidade de Santiago.
- Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais (obra para o Consello da Cultura Galega).
Traducións
editar- Chronica Hermerici, 2004. Do latín para o galego.
- Idacio Lémico: Chronica (379-469), 2004, Cadernos Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro. Do latín para o galego.[3]
Premios
editar- 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A nau do lonxano país.
- 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por O neno que soñou cunha illa.
- Premio do Padroado da Cultura Galega de Montevideo en 1976 por Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro en 1983, por Homo sapiens.
- Premio Galicia de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela no 1984, por Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno.
- Premio Casa Galicia de León en 1984, por Vento do norte, Vento do sul.
- Premio Xerais en 1986, por No ano do cometa.
- Premio Concello de Vilalba en 1993, por Big-Bang.
- Premio Concello de Vilalba en 1999, por A saga da illa sen noite.
- Premio de teatro da Universidade de Vigo no 2002, por O valedor do reino.
- Premio Taboada Chivite do Concello de Verín no 2002, por A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile.
- Premio de Historia Medieval da editorial Toxosoutos de Noia e finalista do Premio Antonio Fraguas do Concello de Cotobade en 2002, por O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma.
- Premio Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela no 2004, pola tradución de Idacio Lémico: Chronica (379-469).
- Premio de tradución da Universidade de Vigo no 2004, por Chronica Hermerici.
- Finalista do Premio Ramón Piñeiro da Editorial Galaxia en 2005, por O rei Artur: Mito e realidade.
Notas
editar- ↑ VV.AA. (2007). Revista de Estudos Miñoranos 5/6. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 233. ISBN 84-8289-369-6.
- ↑ "Saga de la isla sin noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-27.
- ↑ Idacio Lémico: Chronica (379-469)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Autobiografía, na AELG.
- Blog sobre o autor.
- Ficha do autor na BVG.
- Páxina de seareiros en Facebook.