Xosé Luís Vázquez Somoza
escritor galego
Xosé Luís Vázquez Somoza, nado en Zolle (Guntín) o 19 de febreiro de 1961, é escritor galego en lingua galega.
Xosé Luís Vázquez Somoza | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1961 |
Zolle | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Narrativa |
Estudos | Filoloxía |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciado en Filoloxía, a súa tese de Licenciatura (inédita) foi O galego en Zolle (Guntín). En 2009 gañou o premio de investigación Condado de Pallares por O galego en Zolle (Guntín).[1] Foi catedrático de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti de Lugo.
Obra editar
Narrativa editar
- Nube de seda na Lúa e outros relatos, 2010, Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-28-3.
- O conserxe (2021). Vigo: Xerais (Colección Fóra de Xogo). ISBN 978-84-9121-693-3.
Obras colectivas editar
- Paixóns amuralladas, en Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Edicións do Castro.
- IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. Contos de 2006, 2007, Concello de Lugo.
Premios editar
- Premio IX Certame Manuel Murguía de narracións breves, ex-aequo con Xosé Carlos Caneiro. Título do relato: A fervenza, 2000.
- 1° Accésit no XXVIII Premio Modesto R. Figueiredo. Título do relato: Río de esquecemento, 2002.
- Accésit no XXX Premio Modesto R. Figueiredo. Título do relato: A Ponte Cabalar, 2004.
- 1° Premio no IX Certame de Narración Curta Ánxel Fole. Título do relato: Nube de seda na Lúa 2007.
- Accésit no Décimo Certame de Cartas de Amor convocado por Radiofusión, 2008.