Alberto G. Aneiros
escritor galego
Alberto Gómez Aneiros, nado en 1959 en Ferrol, é un escritor galego.
Alberto G. Aneiros | |
---|---|
Nacemento | 1959 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Secc. Psicoloxía), vive en Santiago de Compostela, onde traballa na Biblioteca Xeral da USC. Entre outros galardóns literarios, resultou premiado no Certame Literario Ramón del Valle-Inclán (2008); obtivo accésits no Premio Modesto R. Figueiredo nas edicións dos anos 2007, 2008, 2009 e 2012; gañou o XII Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2010), o I Concurso de Microrrelatos da Universidade de Santiago de Compostela (2013), o XIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos (2014), I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (1º accésit)(2018), etc.
ObrasEditar
- Propios extraños, 2006. (en castelán)
- Relatos desvelados, 2006.
- Ironías dos fados, 2008.
- Para que o conto conte : Manifesto a prol da narrativa breve; en Grial, n.190, 2011.
- A última viaxe, e outros relatos, 2012.
- O tesouro do Dourado, 2014.