Virxilio Rodríguez Vázquez

profesor e escritor galego

Virxilio Rodríguez Vázquez, nado en Vigo o 13 de xaneiro de 1978, é un profesor e escritor galego.

Infotaula de personaVirxilio Rodríguez Vázquez
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1899365

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo,[1] a súa tese de doutoramento (2008) foi Responsabilidad penal en el ejercicio de actividade médico-sanitarias. É Profesor na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo.[2] Investiga nas liñas de investigación no Dereito Penal: Protección penal dos recursos hídricos, Delitos contra o medio ambiente e os recursos de flora e fauna, Dereito penal médico.

Participou en diferentes proxectos de investigación e realizou estadías de investigación no Abteilung für Arzt und Arztneimittelrecht (Zentrum für Medizinrecht) da Universidade de Göttingen, no Centro de Dereito Biomédico da Universidade de Coímbra, no Centre for Ethics, Law and Society da Universidade de Cardiff, na Facultade de Dereito da Universidade de Buenos Aires (UBA) e na Universidade de Antioquía (UdeA) de Medellín. Foi profesor convidado nas Facultades de Dereito da Universidade de Buenos Aires, da Universidade de Coímbra, da Universidade de Bologna e de Parma.[3]

É autor de artigos en revistas especializadas de Dereito e colaborador en diferentes libros colectivos do mesmo tema.[4][5]

Foi Vicerreitor do campus de Ourense da Universidade de Vigo desde o 29 de abril de 2014 ata o 8 de xuño de 2018.[6]

En 2021 resultou gañador do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Off the record. [7] O xurado destacou a pulcritude da historia que avanza imparable ata un sorprendente final.[8]

Obras editar

  • Responsabilidad penal en el ejercicio de actividades médico-sanitarias. Criterios para delimitar la responsabilidad penal en supuestos de intervención conjunta de los profesionales sanitarios (2012). Marcial Pons Ediciones Jurídicas Y Sociales, S.A. ISBN 9788497688925.
  • Fóra de rexistro. Edicións Embora, 2023.[9]

Premios editar

  • Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, por Off the record.

Notas editar

  1. "Virxilio Rodríguez Vázquez". Investigación Fundación Rafael del Pino (en castelán). Consultado o 2021-11-03. 
  2. "Rodríguez Vázquez, Virxilio". Facultade de Dereito. Consultado o 2021-11-03. 
  3. "Virxilio Rodríguez Vázquez". www.linkedin. [Ligazón morta]
  4. "Virxilio Rodríguez Vázquez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-11-03. 
  5. "VIRGILIO RODRIGUEZ VAZQUEZ Buscador de I+D+i". bidi.uvigo.gal. Consultado o 2021-11-03. 
  6. "Curriculum – Virxilio Rodrígez Vázquez". Consultado o 2021-11-03. 
  7. Diario, Nós. "Virxilio Rodríguez gaña o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta". Nós Diario. Consultado o 2021-11-03. 
  8. "Virxilio Rodríguez Vázquez con ‘Off the record’ gana el Premio Xosé Neira Vilas de novela corta". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-11-03. 
  9. Ficha do libro