Xavier López Rodríguez
escritor español
Xavier López Rodríguez, nado en Hermisende en 1956, é un xornalista e escritor das Portelas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) provincia de Zamora, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarLicenciouse en ciencias da información en Madrid e reside en Santiago de Compostela desde 1985. Colaborou en diversos medios escritos de Galicia (Diario de Galicia, Diario 16 de Galicia) e Castela e León (El Norte de Castilla, El Correo de Zamora). En 1992 publicou o seu primeiro libro en galego, O anano enredador, unha novela curta centrada na Galicia estremeira. En 1993 publicou Outros heroes.
Obras
editar- O anano enredador, 1992 (narrativa infantil). Biblioteca de Autores Galegos.
- Outros heroes, 1993, Positivas (ensaio).
- A citación, 1995 (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán en 1997.[1]
- Como unha pruma liviá, 1995 (narrativa infantil). Traducida ao castelán polo propio autor en 2001.[2]
- Días de desterro, 1996 (narrativa xuvenil). Xerais. Colección Fóra de Xogo.
- Brumoso, 1998 (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán polo propio autor en 1999.[3]
- Voces de vacas, 1998 (narrativa infantil).
- A serea do deserto, 1998 (narrativa xuvenil).
- O neno que matou a Deus, 1998 (narrativa infantil). Traducida ao castelán polo propio autor.[4]
- Linguas longas, 1999 (narrativa xuvenil).
- Noitebra, 2000 (narrativa xuvenil).
- Catro pitas, 2000 (narrativa infantil). Traducida ao castelán polo propio autor.[5]
- Un burro hippy, 2000 (narrativa infantil).
- Amigo Medo, 2002.
- Castiñeiro e compaña, 2003 (narrativa infantil).
- A alfombra falsa, 2003 (narrativa infantil).
- Destrucción, 2003 (novela).
- O aliado inesperado, 2005 (narrativa xuvenil).
- O dromedario nadador, 2005 (narrativa xuvenil).
- A abella na orella da ovella, 2007 (narrativa infantil).
- Cor gris vida, 2007 (narrativa xuvenil).
- Os globos de andar, 2008 (narrativa infantil)
- Cacaborro, 2009 (narrativa infantil)
- Lixo, 2009 (narrativa xuvenil)
- Hai que ir morrendo, 2010.
Obras colectivas
editar- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
Notas
editar- ↑ "La citación". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "La temible Elena preguntatodo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Brumoso". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "El niño que mató a Dios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Cocorota y compañía". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores (coord.) (1995). Diccionario da literatura galega, vol. 1, Galaxia.