Manuel Pena Camino
Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) o 28 de abril de 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1909 Castro, España |
Morte | 5 de marzo de 1949 (39 anos) Paramos, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Flores |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria editar
Formou parte da columna que acudiu á defensa da Coruña ao inicio do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e fuxiu ao monte. Foi detido e xulgado en Santiago de Compostela o 19 de decembro de 1936 cos veciños de Curtis, Manuel Calvelo, Isabel Ríos, Manuel Sánchez Ayerbe e Eduardo Sánchez Lago.[1] Foi condenado a cadea perpetua. Cando saíu da prisión incorporouse á guerrilla nos grupos que operaban na zona dos montes da Graña con Benigno Andrade. Na primavera de 1946 foi nomeado xefe militar do Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación xunto a José Blanco Núñez, ocupando a zona comprendida entre Ordes e Cerceda. Pasou despois polos destacamentos Manuel Bello e Eive-Carbón. Caeu abatido pola Garda Civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e José María Castelo Mosquera, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.
Notas editar
- ↑ La Voz de Galicia, 20-12-1936, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Negreira na guerra do 36. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-656-4.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 330–343. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas editar
- Manuel Pena Camino na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la sierra (en francés)
- As mártires de Paramos