Manuel Calvelo

médico e profesor universitario galego

Manuel Calvelo López, nado en Santiago de Compostela en 1904 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1936[1], foi un médico e profesor universitario galego afiliado ao PCE.

Infotaula de personaManuel Calvelo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1927, casou o 7 de xullo de 1929 coa sindicalista e guerrilleira galega Isabel Ríos, marchando con ela a Los Llanos de Aridane, na illa de La Palma, onde traballou como médico. En 1932 o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o seu primeiro fillo, mudáronse ese mesmo ano a Madrid, onde Manuel foi profesor axudante de Xenética na cátedra de Patoloxía Xeral do profesor Roberto Nóvoa Santos[2]. Afiliouse ao Partido Comunista de España en 1936. Tralo alzamento nacional foi detido e trasladado a Curtis o 5 de agosto, xunto con Isabel, ambos foron condenados a morte, Manuel foi fusilado o 31 de decembro[3], mentres que á súa muller lle conmutaron a pena pola cadea perpetua.

Notas editar

  1. Pérez Peña, Fernando. "Exilio y depuración en la Facultad de medicina de San Carlos". Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 22/1/2013. 
  2. Otero Carvajal, Luis Enrique; Mirta Núñez Díaz-Balart, Gutmaro Gómez Bravo, José María López Sánchez, Rafael Simón Arce (2006). La Destrucción de la ciencia en España. Depuración universitaria en el franquismo. Madrid: Editorial Complutense. p. 83. Consultado o 22/1/2013. 
  3. Lamela García, Luís (2005). 1936, la 'cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Ediciós do Castro. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar