Jesús Valeiro Gómez

guerrilleiro antifranquista galego

Jesús Valeiro Gómez, coñecido como Antonio ou Calias, nado en Vixoi (Bergondo) en 1915 e finado na mesma parroquia o 5 de decembro de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJesús Valeiro Gómez
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Vixoi, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Vixoi, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Labrego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Presentouse ás autoridades na Casa de Reclusión da Coruña o 25 de xuño de 1940. Incorporouse ao Rexemento de Artillaría nº 48 da Coruña e o 21 de marzo de 1941 foi destinado ao Batallón Disciplinario nº 25 en Meluza (Tetuán). Permaneceu no batallón ata que foi licenciado o 13 de febreiro de 1942. Regresou á súa casa e o 29 de xuño de 1946, ao ter noticias de que dous veciños foran detidos por complicidade cos guerrilleiros, botouse ao monte. Militante do PCE, foi xefe militar do Destacamento Santiago Álvarez con José Antonio Cortiñas Blas como responsable político. Dende 1947 foi responsable político do Destacamento Enrique Lister da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, substituíndo a Francisco Rey Balbís cando asumiu o a xefatura da IV Agrupación. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en setembro de 1948 unha requisitoria contra el, Francisco Rey Balbís, José Antonio Cortiñas e Antonio López Arias.[1] Requisitoria que volveu repetirse ao mes seguinte cos engadidos de José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia e José Blanco Núñez.[2] A principios de novembro publicouse unha nova requisitoria contra el e Vicente Peña Tarrasa como encartados nas causas 457/48, 458/48 e 482/48 por atraco a man armada.[3] Agochado dende 1949, foi delatado e morreu nun enfrontamento coas forzas represivas preto da casa familiar en Vixoi (Bergondo) o 5 de decembro de 1950, xunto coa súa moza María Amado Otero.

Notas editar

  1. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-9-1948, p. 3.
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 4-11-1948, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar