Exército Guerrilleiro de Galicia
O Exército Guerrilleiro de Galicia foi unha organización guerrilleira antifranquista que funcionou en Galicia entre 1944 e 1949.
Exército Guerrilleiro de Galicia | |
---|---|
Tipo | movemento guerrilleiro |
Data de fundación | 1944 |
Data de disolución | 1949 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA organización constituíuse nunha reunión en Abegondo en outubro de 1944, presidida por Manuel Castro Rodríguez, delegado da Internacional Comunista na Unión Nacional Española. Participaron Manuel Ponte, Francisco Rey Balbís, Marcelino Rodríguez Fernández, Adolfo Allegue Allegue, Juan Pérez Dopico. Máis tarde uniríase ao grupo Benigno Andrade García. A organización dividiuse en catro agrupacións que pretendían abarcar toda Galicia. Cada agrupación estaba estruturada en partidas ás que se lles asignaban zonas determinadas de actuación.
- I Agrupación actuaba no extremo oriental da provincia de Ourense, O Bierzo e o sur da provincia de Lugo.
- II Agrupación tiña asignada o resto da provincia de Ourense.
- III Agrupación operaba na banda norte e occidental da provincia de Lugo.
- IV Agrupación situouse na zona noroeste de Galicia.
- En 1946 creouse a V Agrupación, que operaba na zona central de Galicia.
En 1948 foi desarticulado o aparello da dirección nacional do PCE no interior e a dirección no exilio asumiu o control do partido e dos comités rexionais. Na primavera dese ano o mando guerrilleiro convocou delegados de todas as agrupacións nunha xuntanza nas fragas do Eume. O obxectivo era discutir a posibilidade da disolución da guerrilla, conforme dispoñía o PCE dende Francia. En outubro a dirección do partido no exilio, alegando desmoralización e a persecución constante, decidiu potenciar a acción política en troques da loita armada.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-584-3.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.