Abrir o menú principal

Manuel Ponte

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Ponte Pedreira, coñecido co sobrenome de Xastre, nado no Fontao (Abellá, Frades) o 20 de agosto de 1911 e finado na mesma aldea o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.

Manuel Ponte
Alcume Xastre
Nacemento 20 de agosto de 1911
  Frades
Falecemento 21 de abril de 1947
  Frades
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Aprendeu en Ordes o oficio de xastre e ingresou nas Juventudes Socialistas. Foi elixido presidente de Unión Republicana de Ordes o 12 de xuño de 1936. Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 colaborou na defensa de Ordes, pero cando cae en poder dos sublevados foxe ao monte. Logo dunhas semanas entregouse e foi xulgado en Compostela por traizón, sendo condenado a cadea perpetua. Permaneceu en prisión no cárcere da Coruña, participando en varios intentos de fuga, ate que obtivo a liberdade vixiada o 22 de maio de 1941. Na súa estadía na prisión ingresou no Partido Comunista de España. En 1945 incorporouse á guerrilla comunista. En xuño de 1946 ao morrer Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer) accedeu á xefatura da IV Agrupación guerrilleira, relanzando a súa actividade co aumento das accións guerrilleiras. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercouno con varios dos seus homes e morreu no enfrontamento.

Vida persoalEditar

Casou con María del Carmen Rivas Vaamonde o 19 de novembro de 1935, coa que tivo dous fillos, Manuel Pablo (que morreu en 1937) e María del Carmen.

HomenaxesEditar

Xosé Luís Méndez Ferrín adicoulle o poema "Na memoria de Ponte", do libro Poesía enteira de Heriberto Bens (1980).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-584-3. 
  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7. 

Ligazóns externasEditar