José Galán Núñez
guerrilleiro antifranquista galego
José Miguel Galán Núñez, coñecido como Dereito ou Miguel, nado en Alvedro (Almeiras, Culleredo) e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Alvedro, España ![]() |
Morte | 2 de xuño de 1952 ![]() Visantoña, España ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Dereito Miguel ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española ![]() |
Traxectoria
editarEstaba facendo o servizo militar en Lugo. Cando lle faltaban tres meses para licenciarse, desertou. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García. Participou na sanción económica a Marcial Patiño Patiño de Tarrio (Culleredo) o 13 de outubro de 1949. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con Manuel Ramiro Souto cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.[1]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 207–212. ISBN 978-84-8487-635-9.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.