Estación da Escravitude
A Escravitude é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.
Estación da Escravitude | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Padrón | |||
Parroquia | Cruces | |||
Lugar | A Escravitude ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 15 de setembro de 1873 ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 23012 ![]() | |||
Número de plataformas | 2 ![]() | |||
Liña de tren | Redondela-Santiago de Compostela railway (en) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
Operador | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Non ten servizos dende que entrou en servizo o eixe atlántico de alta velocidade. Na nova liña e preto da estación da Escravitude construíuse a nova estación de Padrón-Barbanza.
Situación ferroviaria
editarAtópase no punto quilométrico 75,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela a 31 metros de altitude, entre as estacións de Padrón e de Osebe.[1]
Historia
editarFoi en 1863 cando se creou a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril.[2] Esta sociedade foi vendida en 1866 á The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o 15 de setembro de 1873 tras once anos de traballo abrindo con iso a estación da Escravitude dentro da primeira liña de ferrocarril que funcionou en Galicia.[3]
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited. Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe quen xestionou a estación ata a separación de Renfe en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ Elvira, Sol (2023-03-21). ""El tren de Rosalía", el tortuoso relato de la llegada del ferrocarril". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2023-07-31.