Estación de Padrón-Barbanza

Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.[1] Ten servizos de media distancia.

Padrón-Barbanza
SituaciónPadrón
ServizosMD
Liñas
Media distanciaMD
Intermodalidade
Bus
A Escravitude BUS

Situación ferroviaria

editar

Atópase no eixe atlántico de alta velocidade e substitúe á antiga estación da Escravitude, situada na liña de ferrocarril vella.

A estación

editar

Reaccións

editar

A entrada en funcionamento da nova vía de tren entre A Coruña e Vigo comportou a modificación de horarios en estacións intermedias, como as Padrón e a de Pontecesures, que dan servizo aos trens rexionais.
Debido a isto, usuarios habituais dos trens deste servizo queixáronse da supresión do tren que pasaba por ambas as estacións sobre as sete e media da mañá e que agora o fai a esa hora, pero desde a nova estación Padrón-Barbanza.
Este tren era moi usado por persoas que traballan como funcionarios en Santiago e por estudantes na mesma cidade. Agora, o tren de proximide pasa polas antigas estacións de Pontecesures e Padrón ás oito da mañá e, para algúns, é demasiado tarde, co que se vén obrigados a coller o coche e conducir até A Escravitude se queren subir ao tren das sete e media da mañá.
A día de hoxe, pola estación Padrón-Barbanza paran tres trens diarios en cada sentido.[2]

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Consultar horarios actualizados en:

Liña MD Trens Orixe/Destino Estaciones intermedias Destino/Orixe
1 MD

Serie 121

A Coruña Cerceda-Meirama · Santiago de Compostela · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra · Redondela AV Vigo-Urzáiz
  1. "Adif. Eje Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  2. Los cambios de horario del tren provocan quejas en Padrón y Pontecesures La Voz de Galicia, 23 de abril de 2015.

Véxase tamén

editar

Artigos relacionados

editar