Abrir o menú principal

Chupa Chups é unha empresa catalá fundada polo confeiteiro catalán Enric Bernat en 1958[1] e adicada á fabricación de doces. En 2006, a compañía foi adquirida polo grupo italiano Perfetti Van Melle.[2]

Chupa Chups, S.A.U
Chupa-chups logo.png
Logo de Chupa Chups
ChupaChups a Corea.JPG
TipoSociedade Anónima Unipersoal
Fundación1958 Villamayor (Piloña), Principado de Asturias Asturias
MatrizPerfetti Van Melle
LocalizaciónBarcelona Cataluña Cataluña
FundadorEnric Bernat
IndustriaAlimentación
Produtoscaramelos
Beneficio500 millóns de euros (2006)
Número de empregados2000 (2006)
Páxina webchupachups.com
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

 
Chupa Chups.

A idea do chupa-chups xurdiu cando Enric Bernat tentou deseñar un carambelo para os nenos de forma que estes o puideran comer sen mancharse as mans. Así, apareceu o primeiro chupa-chups, que consistía nunha bóla doce fixada a un pau de madeira. Anos despois substituiríase o pau de madeira por un de plástico. Os primeiros chupa-chups podían elixirse entre un total de sete sabores e custaban unha peseta[3].

Para buscarlle un nome ao seu produto, Enric Bernat contratou a unha axencia de publicidade, que lle suxeriu o nome Chups. Isto, xunto coa canción publicitaria para promocionar a lambetada ("chupa, chupa, chupa, chupa Chups!") deu lugar ao nome co que se designa hoxe en día[4].

Inicialmente a compañía contaba cunha fábrica en Asturias, Asturias S.A.. En 1967 inaugurou unha nova planta en Sant Esteve de Sesrovires (Barcelona) e ese mesmo ano decidiu establecer a súa primeira filial en Francia[3]. Coa intención de abrirse ao mercado internacional, a empresa encargou a Salvador Dalí deseñar un novo logo para o produto. Foi así como xurdiu o logo da margarida que hoxe é mundialmente coñecido. A publicidade inicial que apareceu co logo foi a frase "És rodó i dura molt, Chupa Chups" (É redondo e dura moito, Chupa Chups)[5].

Con máis de 100 sabores entre os que elixir, Chupa Chups factura ao ano 414 millóns de euros coa venda de 3.780 millóns de carambelos[6]. Entre os seus récords figura ser o primeiro caramelo con pau consumido no espazo (a bordo da estación espacial MIR).

NotasEditar

  1. Páxina web Chupa Chups (en castelán)
  2. "Páxina web Perfetti Van Melle" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2009. 
  3. 3,0 3,1 "Páxina sobre a historia do chupa-chups". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2009. 
  4. Páxina web Chupa Chups (en inglés)
  5. "Deseño de logo de Chupa Chups". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 19 de xuño de 2009. 
  6. Datos de 2001

Véxase taménEditar