Samuel Mayo Méndez
Samuel Mayo Méndez, coñecido como Saúl e Pelayo, nado en Santa María de la Vega (Zamora) en 1924 e finado en Mandaio (Oza-Cesuras) o 31 de maio de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 ![]() Santa María de la Vega, España ![]() |
Morte | 31 de maio de 1950 ![]() Mandaio, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Saúl ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, canteiro ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarCanteiro. Era un antigo militante das Juventudes Socialistas Unificadas e vivía en Olas (Mesía). Foi un dos guerrilleiros enviados a Francia en 1945 para asistir a cursos de formación guerrilleira. Fora enlace da guerrilla e estivo no monte dende 1946. No verán dese ano creou a II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (separándose da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia), da que se converteu en xefe militar con Benigno Fraga Pita como comisario político. Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.[1] A agrupación foi a responsable de varios asaltos e das mortes dos veciños de Piñor, Montero Cid, falanxista, e Emilio Padrón Cuíñas (o 23 de agosto de 1948); do alcalde de Coles José López Quiroga; e do veciño de Piuca Severo Rubín Pérez.[2] Despois da aniquilación da II Agrupación en Chavaga o 20 de abril de 1949 e a morte de Benigno Fraga na serra de San Mamede oito días despois, Samuel Mayo marchou á Coruña, onde se incorporou a IV Agrupación. En maio de 1950 foi abatido pola Garda civil en Mangoño (Oza-Cesuras).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 135–136. ISBN 84-8485-231-8.
- Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy.