O Sputnik 2 foi a segunda nave espacial posta en órbita ó redor da Terra, ás 19:12h do 3 de novembro de 1957, sendo a primeira nave en órbita en transportar un ser vivo. Era unha cápsula cónica de 4 metros de alto cunha base de 2 metros de diámetro. Contiña varios compartimentos destinados a aloxar transmisores de radio, un sistema de telemetría, unha unidade programábel, un sistema de control de rexeneración e temperatura en cabina e instrumental científico. Nunha cabina selada e separada do resto viaxaba a cadela Laika.

Sputnik 2
TipoTecnolóxico / científico
OrganizaciónOKB 1
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento3 de novembro de 1957, 2:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSputnik 8K71PS[3][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[3][6]
Duración da misión162 días[6]
Obxectivo da misiónSegundo satélite artificial, primeiro ser vivo en órbita.[3][6]
Decaemento14 de abril de 1958[1]
NSSDC ID1957-002A
Masa508,3 kg[3]
DimensiónsCono de 4 m de altura e diámetro de 2 m na base[5]

Os datos biolóxicos e de enxeñería transmitíanse mediante o sistema telemétrico Tral_D, que podía enviar datos á Terra durante 15 minutos por cada órbita. A bordo había dous espectrómetros destinados a medir a radiación solar (emisións ultravioleta, raios X) e raios cósmicos). O Sputnik 2 non levaba cámara de televisión.

Perfil da misión

editar

O Sputnik 2, mediante un R-7 ICMB practicamente similar ó empregado para o Sputnik 1, foi posto nunha órbita a 212 x 1660 km cun período de 103,7 minutos. Tras acadar a súa órbita, o nariz do cono foi expulsado, pero o núcleo do bloque A non se separou como estaba previsto. Isto inhibiu o funcionamento do sistema de control de temperatura. Ademais, algunhas das placas termoillantes se desprenderon, co que a temperatura interior alcanzou os 40 °C. Crese que Laika só sobreviviu unhas poucas horas, en troques dos dez días previstos inicialmente, a causa da calor. A órbita do Sputnik 2 decaeu e reingresou á atmosfera o 14 de abril de 1958, tras 162 días en órbita.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPUTNIK 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  2. "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-0623). 24 de marzo de 1962: 4. Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 NASA (21 de marzo de 2017). "Sputnik 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Sputnik 2 / PS 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Sputnik 2 (PS-2 #1)" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Sputnik 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.