Apeadoiro de Cecebre

estación ferroviaria en Cecebre, no concello de Cambre
(Redirección desde «Estación de Cecebre»)

Coordenadas: 43°17′16″N 8°18′28″O / 43.2879, -8.30777

Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Cecebre
Apeadoiro de Cecebre, Cambre.
SituaciónCambre
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 533,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Betanzos-Infesta e Cambre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875[2], non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura. Dá nome á aldea de Apeadeiro.

A estación editar

As súas instalacións dispoñen dun edificio de planta baixa, con aspecto de vivenda propio dalgunhas construcións ferroviarias da década de 1970 recuberto por un tellado dunha soa vertente. Conta cunha única plataforma lateral á que accede a vía principal.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar