Rosa Parks
Rosa Louise McCauley Parks, coñecida como Rosa Parks e tamén como Rosa Lee Parks [1], nada o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama) e finada o 24 de outubro de 2005 en Detroit, foi unha muller estadounidense de raza negra, costureira de oficio, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América.
Rosa Parks | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Rosa Louise McCauley |
Nacemento | 4 de febreiro de 1913 |
Lugar de nacemento | Tuskegee |
Falecemento | 24 de outubro de 2005 |
Lugar de falecemento | Detroit |
Soterrada | Woodlawn Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | Igrexa metodista unida |
Alma máter | Alabama State University |
Ocupación | autobiógrafa, Activista polos dereitos humanos, activista polos dereitos civís, figura pública e activista política |
Cónxuxe | Raymond Parks |
Premios | National Women's Hall of Fame, Michigan Women's Hall of Fame, Alabama Women's Hall of Fame, Candace Award, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalha Spingarn, Golden Plate Award, International Freedom Conductor Award, Women's Caucus for Art Lifetime Achievement Award, NAACP Image Award for Outstanding Supporting Actress in a Drama Series e Ellis Island Medal of Honor |
Na rede | |
http://montgomery.troy.edu/rosaparks/museum/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
No 1950, Parks uniuse ao movemento dos dereitos civís, para o cal traballou como secretaria, rama da Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor (National Association for the Advancement of Colored People), NAACP, en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro de 1955, alí, en Montgomery, Parks negouse a obedecer o chofer dun autobús público, o cal quería obrigala a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.
En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista daquela relativamente descoñecido, conduciu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks Johnnie Carr, o que fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou unha vaga de protestas contra a segregación.
Mentres, no 1956, o caso de Parks chegou finalmente á Corte Suprema dos Estados Unidos (a cúspide do poder xudicial estadounidense) que declarou que a segregación no transporte estaba en contra da constitución estadounidense. Parks converteuse nun símbolo do movemento de dereitos civís. Mudouse a Detroit (Míchigan) a principios da década de 1960, onde conseguiu emprego do representante afroamericano John Conyers (demócrata por Míchigan) desde 1965 até 1988.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Barnes, Catherine A. Journey from Jim Crow: The Desegregation of Southern Transit, Columbia University Press, 1983. (en inglés)
- Rosa Parks with James Haskins, Rosa Parks: My Story Nova York: Scholastic Inc., 1992. ISBN 0-590-46538-4 (en inglés)
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Rosa Parks:the woman who changed a nation Parks entrevistada por Kira Albin (en inglés)