Claudette Colvin
Claudette Colvin, nada en Montgomery (Alabama) o 5 de setembro de 1939,[1] é unha auxiliar de enfermaría estadounidense, pioneira do movemento dos dereitos civís na década de 1950. O 2 de marzo de 1955 foi arrestada con 15 anos en Montgomery por negarse a ceder o seu asento a unha muller branca nun autobús segregado cheo de xente. Isto ocorreu nove meses antes do incidente máis coñecido en que Rosa Parks, secretaria da sección local da NAACP, axudou a acender o boicot aos autobuses de Montgomery de 1955.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1939 (85 anos) Montgomery, Estados Unidos de América |
Nursing assistant (en) | |
1969 – 2004 | |
Datos persoais | |
Residencia | Nova York |
Grupo étnico | Estadounidense e Afroamericano |
Educación | Washington High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos civís, unlicensed assistive personnel (en) |
Período de actividade | 1969 - |
Membro de | |
Participou en | |
5 de decembro de 1955 | Boicote aos ônibus de Montgomery (pt) |
Descrito pola fonte | African American Almanac (en) Claudette Colvin: Twice Toward Justice (en) |
Colvin foi unha das cinco demandantes no primeiro caso na corte federal presentado polo fiscal polos dereitos civís Fred Gray o 1 de febreiro de 1956, Browder v. Gayle, para desafiar a segregación nos autobuses da cidade. Nun xulgado do distrito, testificou ante tres xuíces que oíron o caso. O 13 de xuño de 1956, os xuíces determinaron que as leis locais e estatais sobre a segregación nos autobuses en Alabama eran inconstitucionais. O caso chegou á Corte Suprema dos Estados Unidos de América por unha apelación do estado, e que mantivo a decisión do xulgado do distrito o 17 de decembro de 1956. Tres días despois, a Corte Suprema afirmou a orde a Montgomery e ao estado de Alabama de que rematasen coa segregación, e entón cesou o boicot.
Durante moitos anos, os líderes negros de Montgomery non deron publicidade ao feito pioneiro de Colvin. Nese momento, era unha adolescente solteira, e supostamente quedou embarazada dun home casado.[3][4] Colvin dixo que "a mocidade pensa que Rosa Parks só sentou nun bus e rematou a segregación, pero ese non foi o caso en absoluto".[5][6] Está amplamente aceptado que Colvin non foi recoñecida nas campañas polos dereitos civís no seu tempo porque quedou embarazada pouco despois do incidente, e mesmo Rosa Parks dixo que "se a prensa branca conseguise esa información, aproveitaríana ao máximo. Chamaríana mala rapaza e o caso non tería oportunidade ningunha".[3][7]
Notas
editar- ↑ "Claudette Colvin". Biography.com (en inglés). Consultado o 2018-01-29.
- ↑ "Before Rosa Parks, Claudette Colvin Stayed in Her Bus Seat". aauw.org. 21 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2019. Consultado o 26 de maio de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Staff, Guardian (16 de decembro de 2000). "Weekend: Civil rights heroine Claudette Colvin". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 24 de outubro de 2019.
- ↑ Kramer, Sarah Kate (2 de marzo de 2015). "Before Rosa Parks, A Teenager Defied Segregation On An Alabama Bus". NPR. Consultado o 2 de marzo de 2018.
- ↑ Barnes, Brookes (26 de novembro de 2009). "From Footnote to Fame in Civil Rights History". The New York Times.
- ↑ Hoose, Phillip (2009). Claudette Colvin: Twice Towards Justice. Melanie Kroupa Books. ISBN 978-1429948210.
- ↑ Orixinal en inglés: "If the white press got ahold of that information, they would have [had] a field day. They'd call her a bad girl, and her case wouldn't have a chance."
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claudette Colvin |
Bibliografía
editar- Phillip Hoose. Farrar, Straus and Giroux (BYR), Claudette Colvin, Twice Toward Justice. (2009). ISBN 0-374-31322-9.
- Taylor Branch. Nova York, Simon & Schuster Paperbacks, Parting The Waters - American in the King Years 1954-63. (1988). ISBN 0-671-68742-5.
Ligazóns externas
editar- The Other Rosa Parks (Colvin interview with Democracy Now!)
- She had a Dream
- Daybreak of Freedom: The Montgomery Bus Boycott (Preface)
- Daybreak of Freedom: The Montgomery Bus Boycott (Excerpt)
- "Browder v. Gayle: The Women Before Rosa Parks", Tolerance
- Vanessa de la Torre, "In The Shadow of Rosa Parks: 'Unsung Hero' of Civil Rights Movement Speaks Out", The Cardinal Inquirer, 2 de xaneiro de 2005
- "She Would not be Moved", The Guardian
- "An asterisk, not a star, of black history", Pulsejournal
- Let us Look at Jim Crow for the Criminal he is; Claudette Colvin. The Rebellious Life of Mrs. Rosa Parks, Rosa Parks Biography