Imre Nagy
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Imre Nagy, nado en Kaposvár (daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro) o 7 de xuño de 1896 e finado en Budapest o 16 de xuño de 1958, foi un político húngaro.
Imre Nagy | |
![]() | |
1944 – 1945 | |
Ministro do Interior
| |
1945 – 1946 | |
Presidente da Asemblea Nacional
| |
1947 – 1947 | |
Primeiro Ministro de Hungría
| |
1951 – 1951 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 7 de xuño de 1896 |
Falecemento | 16 de xuño de 1958 (62 anos) |
Partido | Partido Socialdemócrata de Hungría |
Outras afiliacións políticas | Marxismo |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Naceu nunha familia campesiña. Militou no Partido Socialdemócrata de Hungría para adherirse máis adiante á ideoloxía marxista.
En 1944 tras a derrota dos nazis regresa para formar parte do novo goberno popular en Hungría, despois de 15 anos de exilio na URSS, onde estudou agricultura no Instituto de Moscova. Tamén foi membro activo do Instituto de Ciencia Agrícola.
Na súa etapa como membro do goberno húngaro, Nagy ocupou diversos cargos, como Ministro de Agricultura (1944-1945), Ministro do Interior (1945-1946) e Presidente da Asemblea Nacional (1947) até que en 1949, por mor das duras críticas ao Partido pola súa política agraria, é expulsado do Politburó. En 1951, tras unha renuncia pública das súas críticas, é admitido novamente até chegar a ser o Primeiro Ministro á morte de Stalin.
Cando as tropas do Exército Vermello entraban en Budapest, Nagy refúxiase na embaixada de Iugoslavia, onde lle ofreceron protección. Días despois sae da embaixada e é deportado a Romanía o 23 de novembro. Tras case dous anos de detención e tras procesalo nun xuízo secreto, é condenado á pena máxima e executado o 16 de xuño de 1958.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imre Nagy |