Abrir o menú principal

José Antonio Castro López

guerrilleiro antifranquista galego

José Antonio Castro López, Tucho, nado en Barallobre (Fene) o 18 de xuño de 1928 e finado en Neda o 30 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Antonio Castro López
Nacemento18 de xuño de 1928
 Barallobre
Falecemento30 de agosto de 1951
 Neda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os seus pais foron perseguidos despois da vitoria franquista. Foi enlace da guerrilla. En 1947 fixo o servizo militar no rexemento de artillería de Ferrol. Desertou en xullo con José Vilariño Fernández da guarnición do Castelo da Palma, con catro fusís e munición, e ambos incorporáronse á guerrilla. A súa familia foi represaliada. Incorporado á IV Agrupación, foi quen executou ao axente infiltrado Alejo Pablo Mora García. Foi abatido pola Garda Civil no Puntal (Neda) o 30 de agosto de 1951 con outros tres compañeiros, Antonio Veiga Mejuto, José Freire Barcia e José Sancho Riera.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 137. ISBN 978-84-8341-166-7. 

Ligazóns externasEditar