Estación de Sobradelo
Sobradelo é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.
Sobradelo | |
---|---|
Estación de Sobradelo | |
Situación | Carballeda de Valdeorras |
Liñas | |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarEstá situada no punto quilométrico 291 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 343 metros de altitude,[1] entre as estacións do Barco de Valdeorras e Pumares. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
editarMedia Distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway