Estación de Pumares
Pumares é un apeadoiro de Adif, situado en Pumares, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.
Estación de Pumares | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | Carballeda de Valdeorras | |||
Parroquia | Pumares ![]() | |||
Datas | ||||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 20209 ![]() | |||
Número de plataformas | 1 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Servizo de conexión | Rexional Exprés ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
Operador | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarEstá situada no punto quilométrico 285,9 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 368 metros de altitude,[1] entre as estacións de Sobradelo e Quereño. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarSitúase ao sur da localidade xunto ao río Sil. O seu edificio para viaxeiros é un simple refuxio. Posúe unha única plataforma lateral á que accede a vía principal.
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway