Sobradelo, Carballeda de Valdeorras
Santa María de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 585 habitantes (295 mulleres e 290 homes).
Sobradelo | |
---|---|
Ponte Nova de Sobradelo | |
Concello | Carballeda de Valdeorras[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°24′54″N 6°54′33″O / 42.415116666667, -6.9092 |
Poboación | 585 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarA vila de Sobradelo é a capital do concello. Está situada a carón do río Sil. Por Sobradelo discorre a estrada N-536 (N-120 até a década de 1980) e o ferrocarril León - A Coruña (con parada na estación de Sobradelo), e desde aquí parte a estrada OU-122 cara a Casaio e o porto de Fonte da Cova.
É vía de paso entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo xa desde a romanización, ao pasar por aquí a Vía Nova do itinerario de Antonino. A Ponte Nova sobre o río Sil data do século XVI e consta de sete arcos. O Padre Sarmiento conta que a cruzou en 1755. En xaneiro de 1809, no marco da guerra da independencia española, o abade de Casaio[2] fixo destruír o arco central logo de que atravesasen a ponte as tropas británicas ao mando de Pedro Caro y Sureda (marqués de la Romana), que fuxían cara a Vigo perseguidos por tropas francesas ó mando do xeneral Franceschi[3].
A igrexa parroquial da Nosa Señora da Encarnación ocupa o espazo dunha antiga central térmica construída entre 1943 e 1944 para dar servizo eléctrico ás minas de Valborraz, en Casaio, xestionada por empresas alemás. Porén, non chegou a entrar en funcionamento como tal. O edificio foi mercado polo avogado vasco Pedro Luis Aguirre, que en 1956 o vendeu á diocese de Astorga. O 30 de outubro de 1966 inaugurouse o templo[4].
Galería de imaxes
editar-
Casa consistorial
-
Igrexa parroquial
-
Igrexa parroquial
-
Capela
-
Estación de trens (edificio vello)
-
Estación de trens (edificio novo)
-
Ponte sobre o río Casaio
-
Casa na estrada de Éntoma nº 11
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Ponte Nova de Sobradelo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Castro Voces, Antonio (2 de decembro de 2000). "Seadur y la Guerra de la Independencia". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15/11/2016. Consultado o 16/11/2016.
- ↑ José M. Cruz (28 de novembro de 2016). "La vieja térmica de Sobradelo cumple 50 años como iglesia". La Región (en castelán).
Lugares e parroquias
editarLugares de Sobradelo
editarLugares da parroquia de Sobradelo no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense) | |
---|---|