Mariano Otero Castelao

político galego

Mariano Manuel Otero Castelao, nado en Rianxo cara a 1907 e finado na Coruña o 12 de febreiro de 1986,[1] foi un político galego.

Modelo:BiografíaMariano Otero Castelao
Biografía
Nacementoc. 1907 Editar o valor en Wikidata
Rianxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6854

Traxectoria

editar
 
Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas, con Xosé Velo, Xoán Noya, Mariano Otero Castelao e Manuel Meilán. 1952.[2]

Era curmán de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Na Segunda República foi concelleiro en Rianxo en marzo de 1936. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Rianxo, pero logrou escapar do cárcere coa axuda dun falanxista amigo. Estivo fuxido até 1938, cando se presentou ao Gobernador civil de Pontevedra. Instalouse en Vigo, onde traballou como xastre e fixo amizade con Xosé Velo. En decembro de 1942 foi detido, sufriu malleiras e tiveron que extirparlle o bazo. Foi condenado a 3 anos de cadea, saíndo en liberdade vixiada aos 20 meses. En marzo de 1945 foi novamente detido acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Comesaña, Leandro Aroca, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González e Rosa González Calvo. Pasou despois un ano agochado con Xosé Velo en Moreiras, até que logrou pasar a Portugal, onde embarcou cara a Venezuela. Pertenceu a directiva do Lar Gallego. Retornou a Galicia. Foi expulsado de España en tres ocasións. En 1966 seguía vixente a orde de prohibición de entrada. Instalouse definitivamente en Vigo en 1970, pero ante a constante vixilancia da brigada político social, marchou para A Coruña, onde faleceu aos 76 anos.

Vida persoal

editar

Casou con Encarnación Fuentes Iglesias.

  1. La Voz de Galicia, 13-2-1986, p. 59.
  2. "Historias de ida e volta: O exilio galego" Consello da Cultura Galega.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar