Edmund Hillary

Edmund Percival Hillary, nado en Auckland o 20 de xullo de 1919 e finado o 11 de xaneiro de 2008, foi un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.

Edmund Hillary
Edmund Hillary, c. 1953, autograph removed.jpg
Nacemento20 de xullo de 1919
Lugar de nacementoAuckland
Falecemento11 de xaneiro de 2008
Lugar de falecementoAuckland City
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoGolfo de Hauraki
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterAuckland Grammar School e Universidade de Auckland
Ocupaciónexplorador, filántropo, apicultor, diplomático, autobiógrafo e montañista
PaiPercival Augustus Hillary
NaiGertrude Clark
CónxuxeJune Hillary e Louise Mary Rose
FillosPeter Hillary
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire, Orde da Xarreteira, Medalha Polar, Order of Gorkha Dakshina Bahu, Patron’s Medal, Padma Vibhushan, Grande Médaille d'Or des Explorations, Queen Elizabeth II Coronation Medal, Estrela de 1939–1945, Padma Bhushan, New Zealand Sports Hall of Fame, Ordem da Nova Zelândia, Commander of the Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, honorary doctor of the University of Waikato e medalla Livingstone
Na rede
IMDB: nm0384804 Discogs: 5298582 WikiTree: Hillary-33 Find a Grave: 23893466 Editar o valor em Wikidata
Edmund Hillary Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado ó sur de Auckland, Hillary acudiu á Auckland Grammar School [1], unha escola que se atopaba a dúas horas de camiño. O xove Hillary adoitaba pasar estas horas de camiño lendo. Medrou sendo un neno tímido que buscou refuxio nos libros. Aos 16 anos espertou o seu interese pola escalada tras unha excursión escolar a Ruapehu.

Durante a segunda guerra mundial foi membro da aviación neozelandesa. Formou parte dunha expedición ao Everest en 1951 que resultou un fracaso antes de unirse en 1953 á exitosa expedición británica. Escalou outros 10 picos no Himalaia en posteriores visitas en 1956, 1960, 1961, 1963 e 1965. Tamén alcanzou o Polo Sur formando parte da Expedición transártica da Commonwealth o 4 de xaneiro de 1958.

Hillary perdeu á súa esposa Louise e á súa filla Belinda nun accidente de aviación acontecido no Nepal. Máis tarde casou con June Mulgrew. O seu fillo Peter Hillary é tamén un aventureiro e ten escalado o Everest dúas veces.

ActivismoEditar

Ven dedicando gran parte da súa vida en axudar ao pobo Sherpa do Nepal a través dunha fundación á que dedicou as súas enerxías. Grazas a esta fundación téñense construído escolas e hospitais nas remotas rexións do Himalaia. Durante a década dos 80 foi o Alto Comisionado de Nova Zelandia para a India, equivalente ó cargo de embaixador.

Con ocasión da celebración do 50 aniversario da primeira ascensión ao Everest, o goberno do Nepal nomeou cidadán de honor a Edmund Hillary e lle concedeu unha celebración especial que se celebrou en Katmandú. Hillary é o primeiro estranxeiro que recibe un honor deste tipo do pobo nepalí.

NotasEditar

  1. "Former Students of Auckland Grammar School: Edmund Hillary". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2016.